Nivel de alerta a vermello por temporal costeiro en toda a costa da Coruña para esta fin de semana

No resto do litoral galego continuará vixente o aviso laranxa

|

Unha importante borrasca atravesa Galicia esta xornada e deixará choivas en toda a comunidade, ademais de vento, frío e mesmo neve.


O peor chegará o sábado: A Coruña conta cunha viso de nivel vermello de alerta por fenómenos costeiros, mentres que o resto do litoral está en alerta laranxa, ademais de nivel de alerta amarelo en zonas do interior por nevadas. 


As alturas media das ondas de inverno ao longo da costa atlántica de Europa occidental aumentaron durante case sete décadas, segundo unha nova investigación


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta elevou a vermella a alerta por temporal costeiro no noroeste e oeste do litoral da Coruña.


Nun comunicado remitido aos medios, o departamento autonómico lembra que, segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo esta madrugada e espérase mar combinado do noroeste, con ondas de oito a nove metros.

Ata o de agora, estaba vixente a alerta laranxa en todo o litoral galego. Con todo, o noroeste e oeste da Coruña pasan a alerta vermella, mentres que se mantén o aviso laranxa para a Mariña lucense, o suroeste da Coruña e a costa de Pontevedra por ventos do oeste ou do noroeste forza oito e mar combinado do noroste, con ondas de ata seis metros.

Ademais, o nivel de aviso será amarelo por nevadas no interior das provincias da Coruña e Pontevedra e en boa parte das de Lugo e Ourense. Tamén haberá alerta amarela por ventos do suroeste de ata 80 quilómetros por hora no noroeste da Coruña e na Mariña lucense.

Por este motivo, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE