A Xunta, preocupada por que as espionaxes, solicitou ao CNI indicacións para detectar o spyware Pegasus​

A Xunta de Galicia solicitou ao Centro Criptológico Nacional (CCN), dependente do CNI, o pasado luns 2 de maio indicacións técnicas de detección do programa Pegasus en dispositivos móbiles, unhas directrices que agora "se están revisando", segundo confirmaron a Europa Press fontes autonómicas.



|

O Goberno de Galicia teme ser vítima das mesmas prácticas que realizaron contra o Goberno da Generalitat ou contra membros do Goberno de España, como Pedro Sánchez ou a ministra Margarita Robles.


Nestes momentos a Xunta está a analizar as directrices pautadas. O pasado xoves Feijóo subliñou que non sometera o seu teléfono a comprobacións. 


Pegasus

Pedro Sánchez foi espiado por Pegasus | Foto: EP


A Xunta de Galicia solicitou ao Centro Criptológico Nacional (CCN), dependente do CNI, o pasado luns 2 de maio indicacións técnicas de detección do programa Pegasus en dispositivos móbiles, unhas directrices que agora "se están revisando", segundo confirmaron a Europa Press fontes autonómicas.


Amtega, o organismo responsable deste tipo de operacións, confirmou que tras solicitar esas instrucións, o Goberno central remitiu ás Comunidades Autónomas o 3 de maio unha Guía para a detección do devandito programa, "que actualmente está a ser revisada". Descartan así que se analizaron xa dispositivos de membros do Executivo galego.


"POLÍTICAS E PROCEDEMENTOS DE CIBERSEGURIDADE"

Explican ademais que na Xunta "existen políticas, normas e procedementos de ciberseguridade". En particular, no ámbito de dispositivos móbiles, existe un protocolo de uso de dispositivos móbiles corporativos aprobado pola Comisión de Seguridade e Goberno electrónico, "que os usuarios deben aceptar explicitamente coa entrega do terminal".


En concreto, en relación aos dispositivos móbiles utilizados polo Presidente e Conselleiros, procédese a verificacións periódicas.

Indican tamén que as comunicacións están protexidas por defecto polos mecanismos estándar de cada tecnoloxía, tanto o correo, como as chamadas ou a mensaxería estándar. Disponse dunha plataforma específica para o cifrado de información (correos, ficheiros e discos duros) por parte de altos cargos.

Adicionalmente, hai anos avaliáronse diferentes programas de protección adicional das comunicacións, seleccionándose un deles para o uso por parte de altos cargos


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE