A cidade da Coruña pasa ao nivel de alerta medio noutra xornada de rebaixa en todas as áreas sanitarias
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS ofrece un descenso considerable no conxunto de Galicia esta xornada, con grandes cambios a nivel municipal, sobre todo nas cidades.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS ofrece un descenso considerable no conxunto de Galicia esta xornada, con grandes cambios a nivel municipal, sobre todo nas cidades.
Nestes momentos, tres das sete cidades atópanse no nivel de alerta alto (laranxa). A Ferrol, Lugo e Vigo atópanse en este nive, mentres que só Pontevedra permanece no nivel de alerta máxima (vermello). A Santiago de Compostela e Ourense súmase hoxe A Coruña, a última en reducir o seu nivel de incendencia acumulada e pasar ao nivel do alerta medio (rosa escuro).
A capital de Galicia, a cidade herculina e a cidade termal contan con unha incidencia acumulada en 14 días de entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes, mentres que a cidade amurallada, a cidade departamental e a cidade olívica aínda contan cunha incidencia de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Por encima diso atópase Pontevedra, en vermello, cunha incidencia superior aos 250 casos.
Ciudad a cidade, a enfermidade descende a un ritmo moderadamente alto esta xornada en case todoas as cidades, coa condición de Ferrol, que suma catro casos máis. A que rebaixa máis as súas cifras é Vigo, con 35 casos menos. Pontevedra resta 17 casos, polos quince de Lugo e os trece de Santiago de Compostela. A Coruña e Ourense perden sete casos.
Se nos detemos concello a concello apreciamos poucas variacións significativas, máis aló de que Boiro segue debuxando unha situación preocupante: unha decena de casos máis desde onte. O SERGAS confirmou onte a transmisión comunitaria no municipio barbancés, sobre o que se aplicaron medidas de restrición de mobilidade e que afectan á hostalería boirense. Cun peche perimetral, uns 3.500 veciños de Boiro serán chamados estes días para someterse a un cribado segundo os criterios establecidos pola Xunta. A súa situación arrastrou en certa medida á veciña Rianxo, que hoxe suma seis casos máis.
Tamén os municipios de Redondela e As Pontes seguen experimentando unha subida constante de casos. Doutra banda, no que reducións se refire, destacan as rebaixas de Carballo -dez casos menos- ou Gondomar -once menos-.
ÁREAS EN DESCENSO
A situación a nivel comunitario é alentadora no que se refire ao panorama que presentan as áreas sanitarias. Todas elas rebaixan as súas cifras de casos activos unha xornada máis, con A Coruña liderando ese descenso con 42 casos menos, seguida de preto de Pontevedra, con 40 menos. As dúas comparten unha porcentaxe de positividade similar: 6% a herculina; 5,8% a pontevedresa. Con todo, difiren no número de novos casos con 68 e 38 respectivamente.
A que presenta máis novos casos hoxe é Vigo, que confirmou 101 novo positivos nos seus PCR, cunha positividade do 6,3%. Con todo, a área olívica perde 27 casos activos, só dous menos que Lugo, con 29 menos en 24 horas. A área lucense, pola súa banda, presenta unha positividade máis alta que a súa homóloga viguesa, co 9,7% de positividade nos seus test, que detectaron onte 39 novos casos.
Mentres, Ferrol é a área que conta co índice de positividade máis alto: 13,1%. Faio, a pesar de ser a segunda que menos novos positivos computou -33- e a pesar de reducir en 19 casos os seus algarismos de casos activos. Só Ourense anotou menos casos novos que Ferrol, con trece novos positivos. Ademais, a positividade da área auriense é a máis baixa co 5%, xusto o límite que marca a OMS. Hoxe a área da cidade termal perde 17 casos activos e mantense como a menos afectada de toda Galicia.
Por último, Santiago de Compostela lanza hoxe a caída máis baixa con só catorce casos menos. A área da capital computou onte 45 novos positivos nos seus test, cunha porcentaxe de positividade do 7,3%.
Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 5 de decembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.948 , dos cales 1.430 son da área da Coruña, 829 de Lugo, 419 de Ourense, 1.025 de Pontevedra, 1.842 da área de Vigo, 807 de Santiago e 596 de Ferrol.
Escribe o teu comentario