A Xustiza dá "un argumento máis" para que as estatuas en mans dos Franco volvan ser públicas, di a Xunta

É a opinión do conselleiro de Cultura despois de que o xulgado nomease ao estado depositario dos bens do Pazo de Meirás

|

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, manifestou este luns a postura da Xunta sobre as estuadas de Isaac e Abraham, aínda en posesión dos Franco. 


"Argumento referente ao que todos queremos e pensamos, que esas estatuas son pertencentes ao patrimonio público, ao Concello de Santiago", di o conselleiro. 


O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez


O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ve "un argumento máis a favor" de que as estatuas de Isaac e Abraham, obra do Mestre Mateo, volvan ao patrimonio público despois de que o xulgado nomease ao estado depositario dos bens do Pazo de Meirás.

"É unha decisión que parece lóxica por parte da autirodad xudicial. Cando se doou, entre comiñas, o pazo ao ditador Franco doouse tanto a estrutura como unha serie de bens no interior", expuxo o titular do departamento da Xunta a preguntas dos xornalistas este luns.

A xuízo de Rodríguez, a decisión xudicial que se comunicou o venres "posibilita ter unha maior tranquilidade sobre a xestión dos bens patrimoniais", a biblioteca, sobre a que se incoou expediente de declaración de ben de interese cultural e tamén, "neste caso, as estatuas do Mestre Mateo, que están en pleno litixio para a recuperación da súa propiedade por parte do Concello de Santiago".

Respecto diso, valorou que a comisión creada co obxectivo da súa recuperación entre o Consistorio santiagués e a Xunta ten agora "un argumento a favor máis". "Argumento referente ao que todos queremos e pensamos, que esas estatuas son pertencentes ao patrimonio público, ao Concello de Santiago", recalcou.


INVENTARIADO

Cuestionado sobre cando se coñecerá o inventariado elaborado por por parte dos técnicos de Patrimonio, sinalou que "foi remitido en tempo e forma ao xuíz e neste caso está na súa propiedade". "Tan pronto se poida coñecer farase público, pero atópase baixo a protección e xestión da autoridade xudicial", indicou.

Desta forma, supón que "de forma inmediata" farase público, pero non ten "a certeza" porque esa decisión tamén "depende do xulgado".


CONSELLO DA CULTURA

Por outra banda, interrogado acerca da reunión do Consello da Cultura, apuntou que se trata dun encontro "de inicio de lexislatura".

"Imos poñer en común aqueles aspectos que nos vertebran, como promoción da cultura, organización de eventos, marco xurídico que se desenvolverá a medio prazo por parte da Xunta", apuntou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE