Ferroatlántica

López Madrid desembarca en Cee para falar da venda das centrais

O presidente de Ferroglobe, á espera da autorización da Xunta, convocou unha reunión con traballadores e alcaldes da zona.

Máis de 1.000 persoas apoian en Santiago os traballadores da Costa da Morte

A 'peregrinación' iniciada o mércores en Cee rematou cunha manifestación para que a Xunta free os plans de Villar Mir.

Máis de 70 traballadores de Ferroatlántica comezan o seu camiño a Santiago

Chegarán o sábado á capital, coincidindo coa manifestación prevista contra a segregación das centrais.

En Marea augura a segregación de Ferroatlántica "na metade de agosto"

"O PP ten unha serie de cargas e por iso ten que estar ao seu lado", di Villares na véspera de que os traballadores arrinque a súa marcha cara a Santiago.

Ferroatlántica propón á Xunta unha comisión mixta que vixíe os seus compromisos

A compañía, como o persoal, está á espera da resposta da administración á súa solicitude de segregación para vender as centrais. 

A maioría absoluta do PP bloquea unha comisión sobre os contratos con Villar Mir

En Marea, PSOE e BNG reclamaban exercer "control" para despexar "unha dúbida razoable" sobre as súas relacións co sector público galego.

Os traballadores de Ferroatlántica protestarán en Santiago o 8 de xullo

O comité de empresa reuniuse cos alcaldes da Costa da Morte, cos que acordaron o calendario.

Os traballadores de Ferroatlántica preparan protestas contra a venda das centrais

A compañía prepara xa as escisións para levar a cabo o seu plan "tan pronto como se obteña a autorización administrativa".

Feijóo: "Vou ser o garante da lei e do emprego en Ferroatlántica"

Pontón (BNG) pediu que o "imputado" Villar Mir "non faga caixa cos recursos naturais" galegos e Villares deu conta da publicación no Rexistro Mercantil do anuncio de segregación

A venda das centrais de Ferroatlántica decidirana funcionarios

Os informes da Asesoría Xurídica serán "vinculantes" e o Executivo pídelles que actúen "sen deixarse presionar por ninguén".

Conde recibe hoxe a traballadores de Ferroatlántica para abordar a situación das plantas

A consellería convocou aos representantes dos traballadores este martes ás 13,30 horas no complexo administrativo de San Caetano.


Un informe asegura que a Xunta non podería negarse a revogar o veto de segregación de Ferroatlántica

A empresa dá a coñecer un estudo de dous catedráticos da USC contrario ao que presentou o comité, elaborado polo catedrático da UDC Carlos Aymerich, que avalaba a imposibilidade desta operación

Ferroatlántica solicita a segregación das centrais da Costa da Morte

Reivindica atopar "un comprador solvente que garante por escrito a preservación íntegra do actual volume de emprego" | A Xunta estuda a "inxente" cantidade de documentación.

A Xunta asegura o seu "compromiso" coa actividade e o emprego en Ferroatlántica

Conde reitera que a empresa non fixo ningún tipo de solicitude á administración en relación á venda dos seus centrais. 

En Marea súmase á petición do BNG de analizar os contratos da Xunta con Villar Mir

Pontón aprecia "síndrome de Estocolmo co PP" dos socialistas e Leiceaga rexeita a súa nova "querenza pola política-espectáculo". 

Ana Pontón agarda que a "corrupción do PP" non "salpique a Galicia"

Reprocha a Feijóo o seu silencio sobre "o papel da Xunta no intento de venda ilegal de Villar Mir", investigado por corrupción.

O BNG pide unha comisión de investigación sobre as adxudicacións ao grupo de Villar Mir

Queren facer un seguimento do intento de segregación das centrais de Ferroatlántica | Aluden a doazóns á Fundación Fraga e á adxudicación da xestión dos albergues do Camiño a OHL, entre outros. 

A Xunta non recibiu "solicitude oficial de segregación de Ferroatlántica"

BNG e En Marea piden a Feijóo nou deixarse chantaxear por Villar Mir en base a "facturas contraídas" polo PP co dono de Ferroatlántica. 

Reproches á dirección de Ferroatlántica por culpar aos traballadores dun accidente laboral

O comité de empresa esixe unha rectificación "inmediata e pública", así como "medidas preventivas e sistemas de seguridade, como noutras factorías do grupo".

Os delegados de UGT e CCOO en Ferroatlántica rompen cos seus sindicatos polo acordo de venda

Ferroglobe fará a solicitude formal á Xunta en "curto prazo" para a venda das súas centrais da Costa da Morte.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE