Os traballadores de Ferroatlántica protestarán en Santiago o 8 de xullo
O comité de empresa reuniuse cos alcaldes da Costa da Morte, cos que acordaron o calendario.

O comité de empresa de Ferroatlántica en Cee e Dumbría anunciou este martes a convocatoria de folga e manifestación en Santiago para o próximo 8 de xullo.
O obxectivo desta mobilización é expresar o seu rexeitamento á segregación de actividades que pretende a empresa e esixir á Xunta que non o permita.
Diso deron conta os traballadores a través dun comunicado de prensa tras reunirse cos alcaldes de Costa da Morte, cos que "acordaron" o calendario.
Os traballadores de Ferroatlántica preparan protestas contra a venda das centrais
Escribe o teu comentario