Máis de 1.000 persoas apoian en Santiago os traballadores da Costa da Morte
A 'peregrinación' iniciada o mércores en Cee rematou cunha manifestación para que a Xunta free os plans de Villar Mir.
Manifestación de apoio aos traballadores de Ferroatlántica. //Foto: @GalizaCIG
Máis dun milleiro de persoas manifestáronse este sábado pola mañá nas rúas do centro de Santiago en apoio aos traballadores de Ferroatlántica e en contra da segregación das centrais eléctricas das fábricas de ferroaleación da Costa da Morte.
Os manifestantes partiron da Alameda compostelá pasado o mediodía, ao berro de 'As centrais non se venden' e 'Os ríos son nosos e non de Villar Mir'.
O portavoz do comité de empresa, , advertiu de que a segregación das centrais eléctricas das fábricas de ferroaleación supoñería a "ruína" da comarca. Na manifestación participan tamén os portavoces parlamentarios de En Marea, PSdeG e BNG.
'PEREGRINACIÓN' DESDE CEE
Os traballadores de Ferroatlántica que iniciaron unha marcha desde Cee o pasado mércores chegaron este sábado en Santiago.
Esta protesta coincide no tempo cunha xornada de folga que ten lugar nas fábricas e centrais de Ferroatlántica en Costa da Morte. Este calendario de mobilizacións foi acordado polo comité de empresa e ratificado o pasado día 30 de xuño polas asembleas de traballadores nos distintos centros.
O obxectivo é reclamar á Xunta que respecte "o marco legal" e impida a Ferroatlántica vender as centrais de forma separada, pois o persoal entende que levaría o peche das plantas. Con iso, advirte, perderíanse case 400 postos de traballo directos en Costa da Morte.
Escribe o teu comentario