Feijóo

​Feijóo inaugura un parque eólico en plena polémica polo "tarifazo" eléctrico

Ana Pontón cuestiona "de que vale" producir enerxía en Galicia se paga "a factura máis cara" e acusa o presidente de "non mover un dedo".

A manifestación en defensa da sanidade pública logra un apoio multitudinario

A convocatoria de ‘SOS Sanidade Pública’ congregou a máis de cinco mil persoas, á que acudiron os membros da oposición e sindicatos.

​Montoro ábrese a perdoarlles ás comunidades créditos que Galicia apenas aproveitou

No debate do financiamento autonómico, Feijóo subliña sempre que espera un premio para Galicia por ser 'cumpridora'.

​Feijóo pon rumbo a Israel con reproches de falta de "resultados" nas misións comerciais

Carmen Santos acúsao de "facer contactos e axenda" para garantirse unha "porta xiratoria". A Xunta defende as oportunidades xeradas.

Máis de 2.000 millóns de euros destinados a infraestruturas quedan sen executar

En Marea acusa o goberno de Feijóo de ser o causante de que Galicia “perda o tren da competitividade económica”. 

​O financiamento autonómico vai camiño de se converter nunha "guerra" entre territorios

O presidente valenciano repróchalle a Feijóo os seus ataques, mentres desde o PSOE queren "marcarlle a axenda" ao PP.

​Feijóo rexeita buscar o "aplauso" dos presidentes no modelo de financiamento autonómico

O presidente da Xunta reclama un pacto entre o PP e o PSOE: "Ou hai acordo ou non hai financiamento".

​SOS Sanidade Pública celebra que Feijóo se decate do "rexeitamento social" á súa política

A plataforma ve o presidente "nervioso" polas mobilizacións e que por iso anunciou novos centros de saúde.

​Feijóo acórdase da coordinación aeroportuaria

O presidente mantén os seus reproches localistas e segue sen convocar os alcaldes para abordar o tema.

​Feijóo aplaude o intento de Rajoy de frear o debate da súa sucesión

O líder dos populares en Galicia di que lle preocuparía se Rajoy non mostrase intención de repetir como candidato nas próximas eleccións.

A Xunta culpa a José Blanco da subida das peaxes tras asinar outra o martes

Feijóo e Ethel Vázquez defenden o último acordo con Fomento para compensar a supresión da peaxe de Redondela, contastado pola oposición polas súas consecuencias.

​Feijóo anuncia 20 novos centros de saúde esta lexislatura

O presidente defendeu o reforzo contratado para as urxencias, mentres Villares lle reprochou o recorte de prazas de persoal sanitario.

​Romay Beccaría aposta por "rebaixar un pouco" competencias do sistema autonómico

O presidente do Consello de Estado e mentor político de Feijóo rexeita máis descentralización sen "igualdade" entre territorios.

Ciudadanos acusa a Feijóo de antepoñer os seus intereses aos de Galicia

A formación laranxa chama “soberbio” ao presidente da Xunta que leva “anos preparando a súa escalada a Madrid”. 

​Feijóo foxe do debate da súa sucesión, pero cre que será "máis fácil" que a de Fraga

Para a súa substitución aposta por alguén con experiencia de xestión, pero atrasa pronunciarse ata dentro de "dous anos e medio ou tres".

​Ana Pontón: "Feijóo está a facer que Galicia quede atrás"

A líder do BNG destaca que o financiamento autonómico é "o debate máis importante que temos encima da mesa".

Feijóo nega a súa saída cara a Madrid e descarta "unha cuarta lexislatura" en Galicia

Conta nunha entrevista que comeu con Rajoy este Nadal, pero sen un cambio no Goberno sobre a mesa.

Feijóo volve do "mini tour ministerial" sen "moito que contar"

A oposición repróchalle falta contundencia en materia de finanaciación autonómica. Villares censura que só vaia a "recibir instrucións".

Novos rumores sitúan a Feijóo na próxima reforma do Goberno de Rajoy

A oposición repróchalle as súas "reticencias para plantarlle cara" ao Executivo central. "Que o leven", espeta Villares.

Unha asociación sanitaria respóndelle a Feijóo: "Unha cama hospitalaria non é un moble"

Consideran que a proposta do presidente sobre as camas en planta "evidencia a súa radical ignorancia".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE