Novos rumores sitúan a Feijóo na próxima reforma do Goberno de Rajoy

A oposición repróchalle as súas "reticencias para plantarlle cara" ao Executivo central. "Que o leven", espeta Villares.


|

Feijoo rajoy delaserna


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou a Núñez Feijóo a centrarse "nos problemas da Galicia real" e deixar ao carón os posibles "cambios de ministros que poida ou non facer Rajoy", en referencia ás informacións que sitúan o mandatario galego nas quinielas para dar o salto a Madrid ante unha hipotética reforma do Executivo central.


Para Caballero, o presidente galego "está satisfeito e cómodo" coa súa "axenda de acción política de Madrid" mentres "a Galicia real vai a peor no económico, o social e o demográfico".


"O PSdeG ten a tarefa de conseguir que Feijóo manteña unha acción política centrada en Galicia e axustada aos problemas de país", indicou, para logo remarcar que mentres "os galegos están a sufrir unha deterioración importante na súa calidade de vida", o Executivo de Feijóo "está centrado noutro tipo de claves políticas", o que, ao seu xuízo, "evidencia unha falta de proxecto" para a Comunidade.


Pola súa banda, Leiceaga manifestou que o traballo do grupo durante o "longo" período de sesións que se abre co comezo do novo ano debe estar centrado en "evidenciar os problemas de Galicia" e poñer o foco nas "reticencias de Feijóo a plantarlle cara ao Goberno central".


Así, o portavoz parlamentario e presidente do PSdeG cre que esta actitude se debe a que ao xefe do Executivo galego está "aínda cun ollo posto na política madrileña, pensando que unha parte parte do seu futuro pode pasar por alí".


"QUE O LEVEN"


O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, manifestou, ao ser preguntado por unha eventual marcha de Feijóo ao Goberno de Madrid, que "xa están a tardar".


"Xa me están tardando, que o leven, supoñería unha mellora para o país", manifestou ao ser preguntado en rolda de prensa este luns.


Villares, que noutro momento da rolda de prensa considerou que Feijóo era "un erro do que se arrepentían os galegos", apoiou a súa posición de que"o leven" en situacións como os "colapsos" en urxencias ou a "falta de plans industriais" cando "o emprego que se segue creando é precario".


"Por favor, que o leven xa e que fagan o que queiran", sentenciou.


"IMOS SEGUIR"


O vicepresidente Alfonso Rueda pronunciouse tamén polas voces do partido que reclaman a Mariano Rajoy a inclusión de Feijóo no Executivo central para tentar frear o avance de Ciudadanos.


"Iso quere dicir" que o PP nacional "estima moitísimo" o camiño seguido polos populares galegos á fronte da Xunta, afirmou. Pero matizou que "o noso traballo está en Galicia e así imos seguir".


Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, evitou facer declaracións sobre o que considera "comentarios de corte" e "rumores" aparecidos na prensa que, di, non quere "alimentar".


relacionada O PPdeG rexeita especular coa sucesión de Feijóo e pon o líder a entregar carnés
relacionada Escoitas por corrupción a dirixentes do PP colocan a Feijóo como sucesor de Rajoy
relacionada Feijóo rexeita especular sobre se "arrasaría" como "sucesor de Rajoy"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE