Os galegos votan maioritariamente ao PPdeG. Para as súas primarias só se apuntou a votar o 4,5% dos militantes. O resultado de combinar estes dous ingredientes é que hoxe nas primarias do PP, case a metade dos electores galegos ten algunha responsabilidade remunerada dalgún modo no sector público. O seu líder, Alberto Nuñez Feijóo segue sen mollarse.
A explicación oficial é por compromiso con Galicia, a explicación que máis se comenta nos círculos políticos -tamén nos do PPdeG- é o medo ao lume amigo que probablemente sacou á luz as fotos co narco.
As fotos de Marcial Dorado e a imputación dun amigo na Operación Zeta son as principais sombras dunha carreira política que el mesmo dirixiu durante anos -con frecuentes viaxes á capital e forte presenza mediática nas cabeceiras madrileñas- a ascender á area estatal, ambición que abandona a última hora -cando tiña todo a favor- argumentando que non ten outra aspiración que servir a Galicia.
Alberto Nuñez Feijóo leva días recibindo presións para que non dea o salto a Madrid, tanto en privado como a través dalgúns medios de comunicación, medorentos do que o PP galego perda o poder sen o seu gran cartel electoral. Agora ben, cada vez son máis numerosas as voces do PP estatal que lle animan a presentarse, augurando a súa vitoria, e advertindo que o partido de pode partido pódese partir en dous se non o fai. Mentres, o galego cala; como cala Soraya, din que esperando que Feijóo mova ficha primeiro.
O líder do PP galego é o preferido de moitos para facerse coas rendas do PP estatal se Rajoy renuncia. Feijóo sábeo, pero por agora di que hai que esperar á decisión do xa ex-presidente e que o seu compromiso é coa autonomía.
A sentenza da Gürtel e a moción de censura sitúan ao líder galego de novo como favorito para unha eventual substitución do presidente do Goberno. Feijóo di apoiar a Rajoy pero -desmarcándose do argumentario oficial- insiste en que hai que desculparse e lembra que os políticos deben ser útiles antes que importantes.
Ante o avance dos laranxas na enquisa do CIS, o presidente da Xunta admite preocupado a crise do seu partido. Iso si, apunta a que hai outras enquisas, referidas á autonomía, que dan outros resultados.
Alberto Nuñez Feijóo e Cristina Cifuentes tiñan unha relación estreita. Os dous enarbolaraban a renovación do PP e de feito a madrileña foi unha das que máis participou na campaña das últimas autonómicas. Hoxe o líder galego aplaudiu a súa decisión de dimitir e, preguntado se a orixe da filtración do vídeo do roubo era o propio PP, deixou a porta aberta a esta posibilidade.
O portavoz de En Marea contraataca: "Que delegado do Goberno informoulle das súas fotos con Marcial Dorado?"
Eliminaranse 'trabas burocráticas e obstáculos normativos' para facilitar o proceso, que afectará a 100.000 vivendas.