estadísticas

Galicia supera os 200 novos positivos por vez primeira en case dous meses e achégase a risco alto


O SERGAS cualificou de "calma tensa" a situación actual de Galicia propia de certa "estabilidade". Os datos de hoxe sementan dúbidas sobre a precisión desa descrición. 

Vigo está a empuxar os niveis de covid en Galicia cara risco alto pese ao visible efecto das vacinas

Os últimos datos do coronavirus en Galicia contribúen a alzar os indicadores semanais e a dúas semanas a niveis non vistos desde primeiro de marzo, cando aínda estaba a remitir a terceira onda.

Os infectados crecen en 15 dos últimos 17 días e a este ritmo volveremos a risco alto este mes


A pandemia segue pisando o acelerador sen que a Xunta modifique o seu optimista discurso, co vicepresidente anunciando un plan para reabrir os bares pola noite.

Covid municipios: Vigo empeora e está a un paso de risco alto e Santiago mellora manténdose en risco baixo

Na área de Pontevedra e O Salnés tamén soben os ingresados ata alcanzar os 31 (+6), dos cales cinco están en coidados intensivos (+3).En cambio, en Ourense, Verín e O Barco non se experimentan cambios ao manterse en 20 o número de hospitalizados e seis deles en UCI. Tamén se manteñen en 10 os ingresados en Lugo, A Mariña e Monforte, dos que tres se atopan en UCI. Pola súa banda, Ferrol, con oito hospitalizados (+2), segue como a única área coas UCI libres de covid-19. 

Máxima subida de casos activos desde xaneiro confirma o impacto da cuarta onda do covid-19

Galiciapress advertiu o pasado domingo que parecía temerario aliviar as restricións cando os datos xa indicaban un claro repunte. O SERGAS seguiu adiante e, unha semana despois, a situación é moito máis preocupante, cando ese alivio aínda non se deixou notar nas cifras.

Covid municipios: Vigo xa está preto do risco alto e Pontevedra e A Coruña tamén seguen empeorando

Mentres, na de Pontevedra e O Salnés seguen catro en críticos e descenden a 21 os doutras unidades --uno menos--.

A cuarta onda empeza a golpear ao mesmo tempo que afrouxan as restricións anti-coronavirus



A incidencia semanal leva 6 días crecendo. A incidencia bisemanal leva 8 días crecendo. O cómputo de casos activos leva 8 días crecendo. A media semanal da taxa de positividade leva 4 días crecendo. Non hai outra conclusión posible, o covid-19 está a crecer en Galicia e non parece ser un repunte puntual.

Covid municipios: Ourense, Lugo e Ferrol seguen empeorando, en Vigo empeza a caer e Santiago é a mellor

O mapa da incidencia acumulada semanal dos concellos galegos mostra o empeoramento dalgunhas comarcas do interior.  Entre outras as comarcas  de Verín, Valdeorras ou Celanova.


Os enfermos e os hospitalizados levan crecendo desde hai 5 días pero este rebote está a ser lento


As últimas cifras do coronavirus en Galicia dan esperanzas de que o cambio de tendencia sufrido a semana pasada non sexa grave e poida ser contido unha vez que se supere o efecto de Semana Santa.

Xa non queda ningunha cidade en nivel de risco baixo tras o empeoramento do coronavirus en Lugo e Ferrol


repunte da pandemia en Galicia empézase a deixar notar no mapa da incidencia acumulada semanal. Fai non tanto, Ourense, Santiago, Ferrol, Lugo e Pontevedra gozaban de o nivel de risco baixo, en amarelo no mapa. Os positivos foron subindo  e, tras os ascensos hoxe en Lugo e Ferrol, todas as cidades do país xa están en risco medio, en laranxa no mapa.

Galicia aguanta nunha planicie de positivos pero parece complicado mellorar e pasar a risco baixo
Galicia segue placando ao coronavirus e aguanta nunha relativa calma. A recuperación do número habitual de PCRs logrou ademais controlar a taxa de positividade, que era o único indicador claramente á alza.



Terceiro día seguido de ascenso de casos activos pero as medias de positivos continúan nunha chaira


O SERGAS recuperou o luns un ritmo normal de PCRs. O resultado é que este mércores, como era esperable, os positivos crecen. Agora ben, o seu aumento respecto a xornadas anteriores non basta para subir as medias. De feito, a incidencia acumulada semanal baixa.




Covid municipios: forte repunte fai de Vigo a peor cidade e A Pobra e O Grove soben a risco máximo

O detalle xeográfico dos últimos datos do coronavirus en Galicia confirma unha subida de positivos en varias zonas turísticas. A máis pronunciada é en Vigo, pero tamén soben O Grove e A Pobra, que ascenden ao peor dos niveis do semáforo estatal no referido á incidencia semanal.


Cambio de tendencia? Os casos activos crecen dous días seguidos por vez primeira desde xaneiro

Hoxe sobe a cantidade de infectados a nivel galego por segundo día consecutivo, algo que non pasaba desde o  27 de xaneiro. Ademais, os casos activos ascenden en todas as áreas sanitarias, salvo  A Coruña e Ourense.




Os mellores datos de positivos desde o verán débense a un 25% menos de test en Semana Santa

As curvas de positivos en Galicia seguen nunha chaira, cunha recente e levísima tendencia á baixa. Con todo, a pendente deste descenso é moi pouco fiable, debido á redución de PCRs.


Covid municipios: perigo de perímetro no Grove e A Pobra do Caramiñal, que soben a risco máximo


A pesar de que Galicia está a bater as súas mellores marcas desde agosto, hai concellos que empeoran. Habitualmente son municipios turísticos, o que ratifica que a mobilidade é unha motor clave dos contagios.

Galicia logra os mellores niveis de covid desde agosto en parte debido ao esborralle de PCRs


É unha melloría artificial, que pode transmitir unha falsa sensación de optimismo que se acabe transladando en máis mobilidade e, por tanto, máis contagios. A Xunta comunica hoxe só 81 novos diagnósticos, a mellor cifra desde o 23 de marzo e a terceira mellor desde agosto.


Covid municipios: Ourense perde a súa nova normalidade e empeoran Cangas, Vigo e Pontevedra




A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:

Galicia segue mantendo a súa chaira de positivos mentres a cuarta onda xa se deixa notar en España

En Ferrol xa non queda ningún e no resto a que máis soporta é Vigo, con só 4.

Rebota A Coruña mentres Baiona, Santiago, Cangas e Sanxenxo recortan os seus positivos de coronavirus

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador da táboa.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE