Rebota A Coruña mentres Baiona, Santiago, Cangas e Sanxenxo recortan os seus positivos de coronavirus

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador da táboa.


|

As advertencias e as medidas decretadas pola Xunta parece que se deixan notar en varios municipios turísticos. Sanxenxo, Cangas e Baiona reducen hoxe visiblemente os seus cómputos de positivos semanais.


Pola contra, a cidade da Coruña experimenta un significativo repunte, con máis dunha ducia de novos diagnósticos. 


Desde hoxe hai un municipio máis en negro, o peor dos niveis posibles. É A Pobra do Brollón, no sur de Lugo, que se une a Boborás e Beade (único perimetrado) na lista de municipios con máis de 250 positivos por 100.000 habitantes á semana. 


Cando un municipio permanece varios días neste nivel, o SERGAS adoita impoñerlle restricións máximas, que implican peche hostaleiro e perímetro municipal:



 

Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • Ferrol 1
  • Moaña 1
  • Vigo 1
  • Lugo 2
  • Redondela 2
  • Gondomar 3
  • Ames 4
  • Cambre 4
  • Coruña (A) 14


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:



  • Baiona -10
  • Santiago de Compostela -4
  • Cangas -4
  • Sanxenxo -3
  • Culleredo -2
  • Oleiros -2
  • Pontevedra -2


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:





COMPARATIVA DE CIDADES

A Coruña segue sendo a cidade con peores niveis de toda Galicia. O seu último dato é preocupante, pois repunta tanto a 7 como a 14 días:




No plano a 7 días, destaca a excelente traxectoria de Ourense, que encadea varias xornadas por baixo dos 10 positivos por 100.000 ourensáns, o que lle permite ser a única cidade do país en verde no mapa, nivel de nova normalidade. 




A Coruña lidera Galicia no crecemento de novos positivos hoxe en termos absolutos. Analizando a súa gráfica a 14 días vemos que a tendencia aínda é, en termos xerais, á baixa, aínda que parece que a cidade está preto de deter a súa melloría:




Santiago de Compostela acumulou varias xornadas de rebote a semana pasada. Hoxe o panorama mellora un pouco na capital de Galicia, cun -4 do seu total de positivos semanais. A dúas semanas, o cómputo baixa hoxe en -1. Con todo, a evolución xeral aínda aínda á alza:






EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A gráfica mostra que Vigo de seguir nesta traxectoria pode converterse no distrito con máis infectados de Galicia ao longo desta semana. Acumula xa 574 casos activos, que son 123 máis dos que tivo cando tocou fondo a súa melloría, o 13 de marzo. É un incremento do máis do 20% en dúas semanas:




Os casos activos deste coronavirus experimentaron un lixeiro ascenso neste inicio de semana ata os 2.327 no conxunto de Galicia, o que supón 18 máis que a xornada anterior, ao haber máis contagios que altas.

Respecto onte, por áreas sanitarias soben en catro --Vigo (+14), Santiago-Barbanza (+15), Lugo (+13) e Pontevedra-O Salnés (+8)-- e baixan en tres --A Coruña-Cee (-20), Ourense (-5) e Ferrol (-7)--.

Deste xeito, a área da Coruña e Cee mantense á cabeza, con 847; seguida da de Vigo, con 574; a de Santiago e Barbanza, con 248; Pontevedra e O Salnés, con 217; Lugo, con 175; Ferrol, con 139; e Ourense mantense á cola, con 127.

ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

No relativo aos novos contagios detectados con calquera tipo de proba han repuntado a 133, tras os 122 rexistrados a xornada anterior no conxunto da Comunidade galega.

Do total, 118 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 35 na área da Coruña e Cee; 27 na de Vigo; 20 na de Santiago e Barbanza, 18 na de Lugo; 12 na de Pontevedra e O Salnés; catro na de Ferrol; e dous na de Ourense. 



HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, hai 27 persoas con Covid en UCI na Comunidade galega --una máis-- e 179 noutras unidades de hospitalización --cinco máis--.

Salvo nas áreas sanitarias de Vigo e Santiago-Barbanza, onde a presión hospitalaria baixa lixeiramente, e nas de Ferrol e Lugo, onde non hai cambios, aumentan os hospitalizados nas de Ourense, A Coruña e Pontevedra-O Salnés.

En concreto, na da Coruña e Cee aínda que baixan a 14 os pacientes Covid en UCI --uno menos--, ascenden a 63 os doutras unidades --catro máis--; na de Ourense segue un en críticos e soben a 20 os que permanecen noutras unidades --tres máis--. E na de Pontevedra e O Salnés mantense un en UCI e ascenden a 20 os doutras unidades --dúas máis-.

Pola súa banda, mantéñense sen cambios as áreas de Ferrol --con ningún en UCI e 12 noutras unidades convencionais de hospitalización-- e Lugo --con dúas en críticos e 11 noutras unidades--.

Mentres, na de Vigo aumentan a seis os pacientes Covid en UCI --uno máis-- pero baixan a 38 os doutras unidades --dúas menos-- e na de Santiago e Barbanza soben a tres o críticos --un máis-- e caen a 15 os doutras unidades --dúas menos--. 


AEAuA incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE