Galicia logra os mellores niveis de covid desde agosto en parte debido ao esborralle de PCRs


É unha melloría artificial, que pode transmitir unha falsa sensación de optimismo que se acabe transladando en máis mobilidade e, por tanto, máis contagios. A Xunta comunica hoxe só 81 novos diagnósticos, a mellor cifra desde o 23 de marzo e a terceira mellor desde agosto.



|

Un dos factores que contribuíu á virulencia da terceira onda en Galicia foi o esborralle de PCRs no nadal. Desgraciadamente, o SERGAS parece que cae en o mesmo erro en Semana Santa.


A caída de probas fai que os indicadores da pandemia baixen. É unha melloría artificial, polo menos en parte, e perigosa, pois pode transmitir unha falsa sensación de seguridade que se acabe trasladando en máis mobilidade e, por tanto, máis contagios.


A Xunta comunica hoxe só 81 novos diagnósticos, a mellor cifra desde o 23 de marzo e a terceira mellor desde agosto. Con todo, estes positivos proveñen de só de 3.200 PCR. 





A taxa de positividade non é mala hoxe , 2,1%; pero aínda así se nota un repunte na media semanal. Galicia empezou a Semana Santa cun 2% de taxa de positividade e a media ascendeu ao 2,5%.


Ao facer menos probas é lóxico que salten menos contagios e baixen as incidencias acumuladas. A incidencia semanal descende de 30,3 a 28,9; o mellor valor desde o 13 de agosto do ano pasado.


Abrindo o plano a dúas semanas, a incidencia pasa de 59,2 a 58,4 positivos por cada 100.000 galegos nos últimos 14 días. É a mellor cifra desde o 18 de agosto.


Os datos de hoxe domingo proveñen na súa maioría de probas encargadas o Venres Santo. É probable que a cantidade de PCRs non se recupere nas estatísticas ata o mércores, cando coñeceremos os números resultantes dos test encargados o luns.


De confirmarse a tendencia recente, é posible que Galicia reduza aínda máis os seus indicadores e, por exemplo, a incidencia acumulada semanal baixe de 25. De conseguilo, o país lograría levar este indicador ao mellor dos niveis do semáforo de alertas, a nova normalidade, nivel que xamais logrou. Iso si, de conseguilo será, polo menos en parte, de forma artificiosa, polo citado esborralle de test.

DBPGE  i incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia i  (9)



EVOLUCIÓN DO CAMBIO DE CASOS ACTIVOS


A cantidade de infectados redúcese nun 2,5% respecto onte, o que contribúe a que a media semanal mellore, pasando do -0,8% polo menos -0,9%. Canto máis afastada de cero sexa a media semanal, máis velocidade ten o ritmo de descenso dos casos activos.




A media estaba a aproximarse perigosamente a cero ata o inicio de Semana Santa, co -0,4% o día 29 de marzo, cando sorprendentemente empezou a afastarse outra vez. Unha posible explicación é a redución de probas. A menos test, menos positivos e máis diferenza a favor das altas na súa batalla diaria cos contagios. Quedan 2.167 casos activos, a mellor cifra desde o 21 de agosto.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras á nosa disposición podemos inferir que:


  • O esborralle de PCRs en Semana Santa dificulta moito sacar conclusións sobre a evolución da pandemia en Galicia. O aumento da taxa de positividade indícanos que a cantidade de contagios baixou artificiosamente, polo menos nalgún grao, e que máis casos asintomáticos poden estar a pasar desapercibidos, co perigo que isto supón.
  • Con todo, esa subida da taxa de positividade non é excesiva. Hai que lembrar que o semáforo estatal de alertas indica que calquera porcentaxe menor ao 4% está dentro do mellor nivel posible, nova normalidade. Só onte Galicia superou ese límite, co 4,1%. A cifra de hoxe volve ser moi boa, 2,1%; a pesar da cantidade reducida de test.
  • Os indicadores positivos semanais e bisemanales rexistran os seus mellores niveis desde agosto. Esta excelente noticia hai que collela con pinzas, debido á citada caída de PCR.
  • En todo caso, parece que, ata a data, Galicia está a evitar o impacto da cuarta onda que xa se nota en moitas autonomías e que obrigou, por exemplo, a un confinamento duro en Italia ou Francia.



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Na área de Ferrol onte só confirmouse un caso de coronavirus. En todo o que levamos de ano ningunha área sanitaria había logrado un rexistro tan baixo. Ademais, non hai ningún distrito que some máis de 25 positivos, algo tamén inédito en 2021.





A nivel de UCI, en Pontevedra e Ourense só queda un enfermo crítico. A Coruña é a única área cunha ocupación de críticos relevante, con 15 dos 34 críticos do país. Máis datos a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE