Máxima subida de casos activos desde xaneiro confirma o impacto da cuarta onda do covid-19

Galiciapress advertiu o pasado domingo que parecía temerario aliviar as restricións cando os datos xa indicaban un claro repunte. O SERGAS seguiu adiante e, unha semana despois, a situación é moito máis preocupante, cando ese alivio aínda non se deixou notar nas cifras.


|

Galiciapress advertiu o pasado domingo que parecía temerario aliviar as restricións cando os datos xa indicaban un claro repunte.


SERGAS seguiu adiante e, unha semana despois, a situación é moito máis preocupante, cando ese alivio aínda non se deixou notar nas cifras.


O impacto desta onda pode ser diferente ao doutras. O seu espertar está a ser máis lento -aínda que é pronto para estar seguro disto- e as cifras de mortes e hospitalizacións deberían ser mellores, debido ao avance da vacinación.





Os 173 novos contagios confirmados por PCR elevan a incidencia acumulada semanal a 40,9. É a peor cifra desde o catro de marzo. Este indicador subiu oito do últimos nove días. O pasado domingo estaba en 36,9, por tanto subiu cinco puntos nunha semana.


A incidencia acumulada a dúas semanas crece ata 76,9. É a peor cifra desde o 9 de marzo. Esta serie aumentou en nove do últimos dez días. O pasado domingo era de 64,9. Creceu por tanto 12 puntos nunha semana. 


As dúas incidencias aínda aguantan no nivel de risco medio do semáforo de alertas oficial. Con todo, de seguir este ritmo, volverán a risco alto. 


No caso da incidencia semanal, de manter esta progresión, entrará en risco alto nunhas dúas semanas. Posiblemente menos, pois hai que lembrar que cando crece, a pandemia tende a acelerar exponencialmente. 




A taxa de positividade é o indicador que está a aguantar mellor, aínda que tamén tende á alza desde mediados desta semana. A súa media semanal está en 2,6%, tras o 2,8% de onte. 


Son valores excelentes, calquera cifra por baixo do 4% considérase nivel de 'nova normalidade' no semáforo estatal.  Isto indícanos que Galicia non ten un problema de escaseza de PCRs.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

Do que ten un problema Galicia é de aceleración de contagios. Algo que está a provocar unha subida notable da cantidade de infectados. É a primeira semana desde a terceira onda que en ningún día houbo máis altas que diagnósticos.





Os casos activos crecen hoxe en un +4%, levando a media semanal ata un +2,3% que é a peor cifra desde o 30 de xaneiro.


En termos absolutos, isto tradúcese en 103 novos casos activos nun día. Hai que remontarse ata o 28 de xaneiro, no pico da terceira onda, para atopar un crecemento maior en soa unha xornada.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras sobre a mesa, podemos inferir que:


  • A pandemia está a crecer a un ritmo cada vez máis rápido en Galicia.  O aumento de velocidade da subida de casos activos indícanos que nos enfrontamos a unha nova onda, á que podemos chamar cuarta.
  • Por agora, iso si, o espertar desta onda está a ser máis pausado que o embate da terceira e da primeira. Con todo, hai que lembrar a facilidade que ten o covid-19 de propagarse en pouco tempo unha vez que empeza a dobregar a rede de cribados do SERGAS.
  • O repunte aínda non se deixa notar moito nos hospitais, pero en teoría é cuestión de semanas que empezo a notarse.
  • En teoría, porque esta onda chega acompañada de un factor inédito que pode variar o seu comportamento respecto a ondas pasadas. Ao haber unha parte relevante da poboación vacinada e ao estar vacinados os residentes en asilos, os maiores de oitenta e moitos maiores de 70, en teoría o virus non poderá propagarse tanto entre a poboación máis vulnerable. Isto debería lastrar a velocidade de crecemento de contagios e, sobre todo, as cifras de hospitalizacións e mortes.
  • De feito, o efecto das vacinas xa é claramente visible nas cifras de defuncións desde que se inmunizaron todos os habitantes e traballadores de residencias. A media móbil a 30 días da taxa de letalidade está no 1,6%; cando ata fai nada a taxa letalidade media da pandemia era do 2%. 
  • Na última semana só faleceron tres persoas con covid, ningunha onte. Hai que remontarse ao 11 de agosto para atopar unha semana tan boa. Iso si, o impacto da alza actual de positivos aínda tardará case un mes en deixar ver na estatística de óbitos.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

O ritmo desta subida de casos activos está a ser dispar en función dos distritos sanitarios, aínda que en xeral todos empeoraron a súa situación desde inicio de mes. Pontevedra e Vigo son as que se están levando a peor parte; Santiago e Ferrol as que están aguantado mellor. 




Hoxe entre Vigo (71) e  A Coruña (49) suman case o 70% de todos os novos diagnósticos, aínda que esta porcentaxe pode estar distorsionado por os macrocribados nesas áreas esta fin de semana. Máis datos a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.




I3OMx  i incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia i


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE