Errejón

Gañou Pablo... Echenique

Se onte, no medio de tanto berro de unidade, escoitásemos con atención o caradura de Monedero, quizais entenderiamos o que vai pasar a partir de agora. "Errejon xa non pode ser o número dous de Podemos, hao de ser o Secretario de organización", ou sexa, Pablo... Echenique. Si señor, o verdadeiro alquimista deste congreso para indignados. 

Vistalegre remata deixando pendente a tarefa da integración

As bases piden unidade tras outorgar a Pablo Iglesias de novo un liderado rotundo dentro do partido morado.

Iglesias imponse con claridade a Errejón nas votacións de Vistalegre II

Consegue a maioría absoluta no Consello Cidadán, pero tamén gañan os seus documentos político, organizativo, ético e de igualdade.

Vistalegre II: As bases claman "unidade" nun clima de división interna

Iglesias fala dun proxecto "unido" | Errejón reivindica construír un partido "transversal e sen etiquetas" | Houbo referencias ao "machismo" dentro da organización de cuxa "violencia" son vítimas as militantes. 

Ángela Rodríguez cre que Podemos ten a capacidade de englobar "diferentes ideas"

Afín á candidatura de Errejón, asegura que Iglesias é o mellor líder que pode ter a formación e que ninguén cuestiona o seu liderado. 

C'est la vie!

Asómbrome vendo que a pelexa de Podemos é seguida con vehemencia machacante nas televisións progres, coma se fose "a última batalla" de C. S. Lewis ou sexa, a crónica do fin do mundo de Narnia. Mentres, o PP observa as imaxes con "sospeitosa calma", sabendo que do seu Congreso falan só ben os medios que controla a Vicepresidenta Soraya, que son os que teñen a audiencia millonaria, ou sexa: a do prime time.

Santos podería abandonar a "primeira liña" de Podemos Galicia se non gaña Pablo Iglesias

A secretaria xeral cre que Errejón debería acordar " uns mínimos para seguir avanzando e non competir en dúas candidaturas".


Se podemos elixir xefe, os galegos escollemos a Revilla

No resto de España tamén encabeza a lista, pero diferimos no número dous: aquí queremos a Manuela Carmena e non a Rivera, que cae ao cuarto posto.

Sánchez retirarase da política se non logra recuperar a Secretaría Xeral

Non ve unha traizón a candidatura de Patxi López e di que Susana Díaz foi "leal" con el | Estaría disposto a entenderse cun Podemos liderado por Errejón e volvería negociar con Ciudadanos.

Arrinca a campaña de primarias de Podemos

Da votación que arrinca este sábado depende o liderado de Iglesias, xa que se as súas propostas políticas e organizativas e a súa lista á dirección non son as máis votadas, non seguirá a fronte de Podemos.

Carolina Bescansa deixa a primeira liña de Podemos e colócase "á marxe" de Vistalegre

Nin ela nin o secretario de Economía irán en ningunha candidatura para a nova dirección. "Non queremos retroceder", afirman, pero apártanse do cisma entre Iglesias e Errejón.

Iglesias quere a Errejón ao seu lado "pase o que pase" en Vistalegre

"Se de min dependese, non teño dúbidas", afirma o líder de Podemos. Se non gañan as súas teses poñerase "ás ordes" dunha dirección errejonista.

Iglesias reúne a Errejón, Urbán e Bescansa para un primeiro achegamento

Os catro encérranse na sede de Podemos esta mañá. O equipo de Errejón busca, doutra banda, polo menos, un consenso en materia de feminismo e igualdade.

Os receos de Errejón teñen máis que ver con Galicia e Cataluña que con IU

Bescansa explica que unha fusión con Izquierda Unida "non está na axenda" e considera que a maioría de dous terzos é "excesiva".

Errejón propón recurtar os poderes de Iglesias sobre Podemos

A súa proposta inclúe que non poida convocar consultas á militancia nin elixir ou destituír os membros da súa Executiva.

Iglesias pide a Errejón "unidade" e aposta por reforzar a alianza con EU

Reivindica o seu "mal xenio" e o seu estilo de liderado: "A xente vótanos non por ser moderados senón por dicir as cousas como son". 

Bescansa acusa a Iglesias e Errejón de monopolizar o debate en Podemos

Crea xunto a Nacho Álvarez un espazo para solicitar propostas e non descartan traducilas en documentos propios se non son escoitadas. 

Iglesias homenaxea a Twin Peaks nun vídeo para chamar a inscribirse en Podemos

O secretario xeral de Podemos explica as palabras que lle di o 'tronco': "di non vos pelexedes, di unidade, di debater non é dividir".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE