Santos podería abandonar a "primeira liña" de Podemos Galicia se non gaña Pablo Iglesias

A secretaria xeral cre que Errejón debería acordar " uns mínimos para seguir avanzando e non competir en dúas candidaturas".



|

Carmensantospodemos 1


A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, admitiu este mércores que, se a lista que impulsa Pablo Iglesias e que ela apoia para Vistalegre II non vence, apostaría por apartarse da "primeira liña" da formación en Galicia.


Así o dixo Santos nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que admitiu que nese caso "preferiría que un compañeiro máis motivado tomase as rendas do partido" na Comunidade. "Igual ter unha primeira liña para executar un proxecto no que non creo, co sacrificio que é, non sería algo que me motivase", dixo.


En relación a Vistalegre II, Santos indicou que, na súa opinión, Íñigo Errejón debería acordar "uns mínimos" con Pablo Iglesias para "seguir avanzando e non competir en dúas candidaturas distintas".


Do mesmo xeito, fixo fincapé en que "moitos botan de menos" a candidatura do propio Errejón á secretaría xeral do partido, xa que está "tan convencido do seu proxecto". "Non podes arrinconar así ao teu líder para que acabe apostando por algo no que non cre", resolveu.

relacionada ​Carmen Santos reprocha a los críticos que usen "los medios y redes sociales" para dañar "al proyecto"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE