Se podemos elixir xefe, os galegos escollemos a Revilla

|

Miguelangelrevilla


Os galegos quererían ter como xefes aos políticos Miguel Ángel Revilla, Manuela Carmena, Julio Anguita, Albert Rivera e Íñigo Errejón, segundo unha enquisa realizada por Adecco.


En concreto a Revilla elixírono o 27,8 por cento dos galegos que participaron na enquisa; a Carmena, o 20,9%; a Anguita, o 19,1%; Albert Rivera, o 15,8%; e Errejón, o 15,5%.


A empresa do sector dos Recursos Humanos Adecco explica que quixo "tomar o pulso á realidade política vista desde o lado máis laboral" e, por iso, realizou unha enquisa a máis de 2.300 españois en activo para saber a que político lles gustaría ter como superior.


En España o máis votado foi o presidente da comunidade autónoma de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, o cal sería o xefe ideal para un de cada cinco españois.


Tras el, sitúase o presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, a quen os españois lles gustaría ter como xefe, cun 18,4% dos votos e en terceiro lugar aparece a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, elixida polo 16,6% dos enquisados.


O QUE "SE REMANGA"


Segundo a 'II Enquisa Adecco sobre Mellores Xefes e Empresas máis felices para traballar', publicada o pasado ano, 9 de cada 10 españois opinan que un bo xefe é aquel que "se remanga" para sacar o traballo do equipo adiante.


A enquisa de Adecco destaca ao PP coa maior representación no ránking de mellores xefes, con 13 integrantes; seguido de Podemos e as súas coalicións, con 10; e o PSOE, con oito. Ciudadanos pola súa banda soamente sitúa ao seu presidente na lista dos máis votados.

relacionada O paro sobe en xaneiro por terceiro mes consecutivo en Galicia
relacionada Rivera imponse nas primarias e reedita o seu liderado en Ciudadanos
relacionada Os receos de Errejón teñen máis que ver con Galicia e Cataluña que con IU

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress