Carolina Bescansa deixa a primeira liña de Podemos e colócase "á marxe" de Vistalegre
Nin ela nin o secretario de Economía irán en ningunha candidatura para a nova dirección. "Non queremos retroceder", afirman, pero apártanse do cisma entre Iglesias e Errejón.
A secretaria de Análise Política e Social de Podemos, a galega Carolina Bescansa, anunciou este mércores que non vai integrarse en ningunha candidatura para aspirar a formar parte da nova dirección estatal que saia da II Asemblea Cidadá Estatal de Vistalegre. Coma ela, o secretario de Economía, Nacho Álvarez, tamén decidiu dar un 'paso atrás'.
Nunha carta que publicaron no foro de militantes 'Plaza Podemos', recollida por Europa Press, os dous dirixentes lamentan que tanto o sector do secretario xeral, Pablo Iglesias, coma o do secretario político, Íñigo Errejón --"os equipos máis fortes"-- actuaron "de costas á vontade de diálogo e acordo".
"Por iso non podemos integrarnos en ningunha das listas que competirán pola dirección política da organización. Non queremos retroceder nin eludir a nosa responsabilidade. Sinxelamente cremos que seremos máis útiles traballando para a recuperación dos grandes debates políticos que fundaron Podemos, e para impulsar os acordos que terán que producirse despois de Vistalegre. Nestes momentos, iso só o poderemos conseguir dando un paso cara á marxe nesta escena", aseguran.
Escribe o teu comentario