Errejón propón recurtar os poderes de Iglesias sobre Podemos

A súa proposta inclúe que non poida convocar consultas á militancia nin elixir ou destituír os membros da súa Executiva.


|

Iglesiaserrejon 3


O equipo 'Recuperar a ilusión' que lidera o secretario político de Podemos, Íñigo Errejón, publicou este domingo a súa proposta para organizar o partido tras a II Asemblea Cidadá Estatal de Vistalegre e, entre outras cousas, propón limitar os poderes que actualmente ostenta o secretario xeral: que non poida convocar consultas á militancia nin asembleas cidadás, nin elixir e destituír os membros da súa Executiva.


Os 'errejonistas' fixáronse como unha das súas prioridades a necesidade de desconcentrar o poder na organización, despois de máis de dous anos funcionando como unha "máquina de guerra electoral". Por iso fan fincapé na limitación de competencias do secretario xeral e do Consello de Coordinación, así como a limitación dos mandatos: durarán un máximo de tres anos e non se poderán enlazar máis de dous.


Tamén defenden a descentralización da organización a nivel territorial e, entre outras cousas, propoñen incluír no Consello Cidadán Estatal --o máximo órgano de dirección entre asembleas-- 41 representantes elixidos directamente polos territorios e piden que sexan os territorios os encargados de decidir como se presenta ás eleccións.


Ademais, propoñen establecer unha blindaxe democrática para preservar a autonomía e independencia de Podemos. Por iso, piden que calquera fusión orgánica con outras organizacións sexa ratificada nunha Asemblea Cidadá por unha maioría reforzada de dous terzos.

relacionada Podemos Galicia dobra a aposta para conquistar os concellos
relacionada Bescansa acusa a Iglesias e Errejón de monopolizar o debate en Podemos
relacionada Iglesias pide a Errejón "unidade" e aposta por reforzar a alianza con EU

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE