Podemos Galicia dobra a aposta para conquistar os concellos

O partido morado duplica as dotacións de orzamento coa intención de reforzar a súa estrutura e a implantación territorial.


|

Podemoscirculologo


Coa vista posta nas eleccións municipais de 2019, Podemos acaba de facer unha "aposta firme por reforzar a estrutura do partido en Galicia". A proposta do Consello de Coordinación galego, o Consello Cidadán de Podemos deu o seu visto e prace a duplicar as dotacións do orzamento na comunidade. Isto permitirá "dar un impulso importante á implantación territorial", pois trátase da primeira "partida específica" coa que a formación poderá facer achegas económicas ás súas estruturas municipais.


E é que polo feito de ir ás autonómicas nunha candidatura conxunta con En Marea, non dispón de financiamento propio "a diferenza doutras agrupacións territoriais da formación morada". "Os excelentes resultados electorais conseguidos a pesar das dificultades xurdidas na conformación do espazo foron un factor de peso na toma desta decisión", afirman nun comunicado, por iso entenden que "unha das pedras angulares para o futuro pasa por afondar na implantación territorial de Podemos en Galicia".


REUNIÓN CON SECRETARIOS MUNICIPAIS


Aínda que está por decidir se o partido morado concorrerá en solitario ou con candidaturas de confluencia. Esa estratexia poderase debater na próxima Asemblea Estatal Cidadá de Vistalegre II, pero antes, esta tarde, o secretario de organización de Podemos Galicia, Juan Merlo, reúnese con secretarios municipais do partido.


O obxectivo da reunión é "poñer en común unha estratexia e folla de ruta para o ano en curso" e ir armando a maquinaria electoral para os comicios de dentro de dous anos. Tamén debaterán sobre o próximo conclave e propostas para "afondar nunha estrutura máis descentralizada e territorializada".

relacionada Bescansa acusa a Iglesias e Errejón de monopolizar o debate en Podemos
relacionada ​Carmen Santos reprocha a los críticos que usen "los medios y redes sociales" para dañar "al proyecto"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE