electricidade

O recibo da luz abarátase máis dun 9% no que vai de mes

En xaneiro a factura bateu récords polos altos prezos da electricidade. Comparado co ano pasado pagamos un 22% máis.

Os prezos subiron un 3,2% no último ano en Galicia

A alza é superior á media española, que quedou nun 3%. A electricidade e a gasolina dispararon este aumento.

O TC anula a normativa galega que obrigaba ás eléctricas a facturar por consumos reais

O Goberno central presentou un recurso ante o Constitucional, que ve "evidentes consecuencias económicas para as empresas comercializadoras" e que vulnera competencias estatais.

Todos os fogares galegos recuperaron a subministración eléctrica

A última hora da tarde, Unión Fenosarematou de reparar os danos pol o temporal que desde o venres provocou cortes de luz.

Francia recupera este mes oito centrais nucleares e dará un respiro á luz

O país veciño chegou a ter 21 estacións paradas a finais do ano e necesitou importar máis electricidade nas últimas semanas.

Catorce intoxicados por monóxido de carbono en distintos puntos de Galicia

Nos catro casos, en Castroverde, en Láncara, en Baralla e na Estrada, a causa foi a mala combustión de xeradores de electricidade.

Fenosa traballa para repoñer a subministración eléctrica a 97.000 clientes

A compañía despregou un dispositivo dunhas 500 persoas e as súas brigadas traballaron durante toda a noite nas liñas afectadas.

Ás voltas coa luz

Temo que por agora os malos van seguir sendo os mesmos e os que se esconden detrás dun grupo parlamentario seguiranse lavando as mans con auga mineral e logo, á hora de deixar os cargos, buscarán afanosamente un posto de relevancia no Consello de administración da Rede ou doutras grandes corporacións.

O BNG propón reducir o IVE da electricidade do 21 ao 4%

Critica que o Goberno percibirá 300 millóns coa subida de luz pois apunta a que máis da metade da factura son impostos

A demanda de gas creceu un 26% neste inicio de ano

A onda de frío e as necesidades de produción de electricidade en centrais de ciclo combinado impulsaron o consumo deste combustible.

Feijóo desbota unha tarifa eléctrica galega porque "ningún español" o entendería

O presidente defende que "non se sostén" que Galicia pague menos pola luz aínda que sexa un territorio produtor.

Feijóo suxire ante Arias Cañete un pacto de prezos do gasoil en Galicia

"En nome dos consumidores: deberiades botar unha ollada", espétalle. O comisario reflexiona que "cando o presidente di algo, por algo o di".

Villares a Feijóo, sobre a subida do prezo da luz: "Fai frío en Monte Pío?"

Feijóo afea a xestión da renda social de Marea Atlántica a Villares, quen compara os "desvíos" de partidas na Xunta co proceder de Bárcenas

O prezo da luz frea a escalada, pero mantense en máximos


Con niveis similares aos destes días, o Goberno suspendeu en 2013 o anterior sistema de poxa eléctrica.



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE