Desde hai moitos anos existen ou sobreviven neste mundo, multitude de deportes que non teñen a sona doutros poucos privilexiados que nadan na abundancia da fama e do diñeiro. Poucos saben dos éxitos dos nosos deportistas de Wushu que a nivel internacional non paran de acadar medallas, ou dos ximnastas ourensanos que lograron éxitos incomiables. A todos os recibiron hai pouco na Xunta de Galicia e supoño que un recoñecemento institucional non ven nada mal de cando en vez. Mellor sería se fose acompañado duns premios cunha dotación económica importante. Así acontece noutros países europeos. Porén, o motivo deste artigo vai por outro rego paralelo.
Todo un luxo para os aficcionados ao motor. Unha proba do Campionato do Mundo de Enduro terá lugar en Santiago Compostela este fin de semana. En concreto, os días 27, 29 e 29 de abril a capital acollerá a segunda proba da competición mundial.
Partido internacional de Rugby en Ourense. A selección Sub-20 masculina, que está a adestrar para o inminente Campionato de Europa en Ourense, enfrontarase este domingo 25 a Portugal nun partido amigable que servirá para medir as forzas coas que ambos equipos chegan á cita europea. A cita é as 11 horas no Campus Universitario.
A VI edición do circuíto ten como lema "Non é unha tolemia, é unha paixón" e estímase que participen 1.000 persoas.
A empresa súmase, ademais, á prevención e redución da sinistralidade laboral co obxectivo 'Compromiso 0 accidentes'.
Ademais de centrarse en instalacións, escolas deportivas e o impulso de equipos de alto nivel, proponse crear unha marca provincial encamiñada a obter un selo de calidade deportiva.
A violencia no deporte será analizada en un informe que o Parlamento de Galicia acaba de reclamar por unanimidade á Xunta.
As Seleccións Absolutas Femininas de Galicia e Cataluña disputarán un encontro no polideportivo de Santa Isabel da capital galega o 7 de marzo ás 20,30 horas.