España vs. Portugal de Rugby gratis en Ourense

Partido internacional de Rugby en Ourense. A selección Sub-20 masculina, que está a adestrar para o inminente Campionato de Europa en Ourense, enfrontarase este domingo 25 a Portugal nun partido amigable que servirá para medir as forzas coas que ambos equipos chegan á cita europea. A cita é as 11 horas no Campus Universitario.



|

Partido internacional de Rugby en Ourense. A selección Sub-20 masculina, que está a adestrar para o inminente Campionato de Europa en Ourense, enfrontarase este domingo 25 a Portugal nun partido amigable que servirá para medir as forzas coas que ambos equipos chegan á cita europea. A cita é as 11 horas no Campus Universitario.



Rugby sub 20 presentacion


Esta mañá presentouse o partido no salón de plenos do Concello de Ourense, un evento que pretende congregar a propios e alleos a este deporte, e que será de portas abertas nas instalacións do Campus de Ourense.

“Para Ourense é moi importante exercer de anfitrión para conxuntos deportivos de primeiro nivel”, salientaba na presentación o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, “porque significa que temos as condicións necesarias para facelo”. Non en van, lembraba, xa hai pechado un calendario deportivo cunha ducia de probas nacionais na cidade de Ourense.


A cidade de Ourense, que presume de 30 anos de amor por este deporte, tamén pode facelo dun equipo que xoga na Primeira División B, o Campus Ourense. Pero tamén cunha canteira feminina de primeira orde. É por iso que o delegado da selección sub-20, Sergio Gericó, manifestaba que “non estamos coma na casa, estamos en casa”.


A selección española está composta por 30 deportistas de equipos españois, galeses, italianos e franceses. Actualmente adestran nas instalacións deportivas de Monterrei e no Campus de Ourense coa vista posta na cita europea de Portugal. A selección anfitrioa é a actual campioa de Europa da categoría e unha boa proba para o conxunto español: “Na última final gañáronnos por moi pouco”, lembraba Sergio Gericó.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE