Deportes invisibles: A ximnasia acrobática

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Desde hai moitos anos existen ou sobreviven neste mundo, multitude de deportes que non teñen a sona doutros poucos privilexiados que nadan na abundancia da fama e do diñeiro. Poucos saben dos éxitos dos nosos deportistas de Wushu que a nivel internacional non paran de acadar medallas, ou dos ximnastas ourensanos que lograron éxitos incomiables. A todos os recibiron hai pouco na Xunta de Galicia e supoño que un recoñecemento institucional non ven nada mal de cando en vez. Mellor sería se fose acompañado duns premios cunha dotación económica importante. Así acontece noutros países europeos. Porén, o motivo deste artigo vai por outro rego paralelo.



Gimnasia acrobatica

Proba de ximnnasia acrobática nunha imaxe do Clube de Ximnasia de Pontevedra


Esta semana equipos de ximnasia acrobática procedentes de Marín, Vigo, Pontevedra, Asturias, Santiago de Compostela, Nigrán, Gondomar e Ourense sufriron unha discriminación que non debera repetirse nunca máis. Mentres os equipos de ximnasia rítmica ocupaban o pabellón central do Paco Paz, as de acrobática quedaban na cancha de baloncesto da entrada. Seica non lles interesaba á TVG. Isto provocou que as nais e pais estivesen apertados nun espacio tan reducido que lles obrigou a permanecer de pé algo máis de 4 horas para poder ver aos seus fillos. Por se fose pouco, a coincidencia da celebración do Rallye de Ourense na súa 51 edición, incentivou o caos. Non era posible estacionar en ningures e as labores do tráfico recaeron nos voluntarios da organización. A actuación da policía local foi tan anecdótica como invisible. 


Comezaron a poñer barreiras na beirarúa ás 13:30 h, cando os coches xa colapsaban todo. A imaxen que Ourense ofreceu aos visitantes estaba totalmente distorsionada. Pero seguindo a resposta do Concelleiro de Deportes, “podedes vir en bus”, xa se pode entender que non hai vontade de cambio. ¿Por que non se lles cedeu o Pavillón dos Remedios como solicitara a Federación Galega?. O seu presidente, que cargou coas culpas diante dos pais, non é responsable da desfeita acontecida. Todos os que o coñecen acreditan del que é o primeiro en chegar e axudar na montaxe de cada un dos campionatos. Un exemplo a seguir en humildade e dedicación ao deporte.


Cando os deportes invisibles saen á luz aparecen os éxitos e as medallas. Todo o mundo esquece o esforzo persoal e familiar, e poucos teñen en conta a inmensa inversión que supón. Cando a ximnasia acrobática sexa recoñecida, ( ten máis de 4.700 licencias na Federación), quizaís moitos ximnastas xa se perderon polo camiño. Con todo, aínda existen entrenadores e árbitros que siguen loitando contra todo, para que esa facultade que teñen os deportistas, non fique na desilusión e no desencanto. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE