Santiago conmemora o Día da Muller cun histórico encontro de fútbol sala feminino

|

Galiciacataluaamigablepartido


A Federación Galega de Fútbol, o Concello de Santiago e o Santiago Futsal veñen de presentar en rolda de prensa o partido que enfrontará ás seleccións absolutas femininas de Galicia e Cataluña o próximo día 7 de marzo no pavillón municipal de Santa Isabel, na capital compostelá.


O encontro, ademais de ter unha finalidade clara de promover o fútbol sala feminino en Galicia, especialidade en que a comunidade galega "é referencia en España", tamén terá un papel social, pois intégrase nos actos que o Concello ten previstos para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora o próximo 8 de marzo.


O combinado galego contará con representación dos catro clubs de Galicia que compiten na actualidade na División de Honra feminina de Fútbol sala: Burela Pescados Rubén, Poio Pescamar, Ourense CF e Cidade dás Burgas FS.


O amigable disputarase o 7 de marzo, na antesala do Día Internacional da Muller Traballadora, apoiando así a igualdade no deporte, un campo no que as mulleres seguen estando infrarrepresentadas.


A preguntas dos xornalistas sobre o machismo no deporte, Ramón García Seara, presidente do Santiago Futsal, incidiu en que "os cambios esenciais pasan polo convencemento", e asegurou que a cuestión do xénero dos xogadores "non pode ser motivo de diferenciación". Neste sentido, Seara subliñou a necesidade de "corrixir certas condutas", e admitiu que aínda que existen cambios, estes non van "demasiado rápido".


Pola súa banda, Rafel Louzán, presidente da FGF, asegurou que a mellor forma de compromiso son os feitos e mediante este encontro, o primeiro da selección absoluta feminina de fútbol sala desde o ano 1998, demóstrase "o compromiso".


As entradas para o encontro xa están á venda nas oficinas do Santiago Futsal e a da Federación Galega de Fútbol e o seu prezo é de 5 euros para adultos e 2 euros para menores de 18 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress