coronavirus

Coronavirus: os casos leves en España seguiranse en casa e agora faránselle probas a todos os enfermos de pneumonía
Os casos leves de coronavirus van poder seguir nos domicilios e vanse a realizar probas para detectar o virus ás persoas con pneumonía ou casos de infección respiratoria grave ingresadas nos hospitais, segundo acordaron o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), convocado de forma extraordinaria polo ministro de Sanidade, Salvador Illa, e onde se aprobou un novo protocolo de actuación.
Coronavirus: 25 persoas investigadas tras relacionarse co primeiro positivo na Península

Segundo explicou en rolda de prensa,  O secretario de Saúde Pública, Joan Guix, a muller que deu positivo en coronavirus en Catalunya, é unha italiana de 36 anos, residente en Barcelona que viaxou a Italia entre os días 12 e 22 de febreiro.

​Italia eleva a cinco as vítimas do coronavirus e a UE insta os seus socios a manter abertas as fronteiras

Un home de 84 anos, falecido en Bérgamo, foi o cuarto falecido en Italia a causa do coronavirus. As autoridades sanitarias italianas manteñen en corentena a varias cidades do norte, mentres desde Bruxelas chaman ao conxunto de países da Unión para actuar con cautela e non pechar as fronteiras en prol de manter a unidade. 

Coronavirus: "En España non hai", pero o Goberno di estar preocupado polo de Italia
O Ministerio está a reforzar a prevención e a información aos viaxeiros e non se expón o peche de fronteiras
​Dúas mortes por coronavirus en Italia acenden todas as alarmas en Europa

As autoridades sanitarias italianas confirman os dous primeiros falecementos no país transalpino por mor da enfermidade, con máis de 200 persoas en corentena. 

Coronavirus COVID-19: case 70.000 casos confirmados, 1.670 mortos e case 10.000 pacientes recuperados

Segundo o reconto da web da Universidade Johns Hopkins do total de infectados faleceron xa 1.669 persoas pero 9.746 recuperáronse da infección do coronavirus.

​O coronavirus cóbrase a súa primeira vítima lonxe do continente asiático

Francia confirma a primeira morte dun paciente con coronavirus en Europa. O caso supón a primeira morte por coronavirus fóra de Asia, aínda que o falecido en Paris é un turista chinés de 80 anos que levaba hospitalizado na capital francesa varias semanas. Hong Kong, Xapón e Filipinas, ademais de China, tamén han rexistro mortes pola enfermidade.

​Mobile: Pagan os máis débiles

Din os do GSMA que eles volverán convocar outro MOBILE no 2021 e en Barcelona. Vds. crenllo...? Sinceramente, eu póñoo en dúbida.

O coronavirus provoca a cancelación do Mobile World Congress de Barcelona


A GSMA, asociación que organiza o Mobile World Congress (MWC), decidiu finalmente cancelar o evento, horas despois de asegurar que o salón se realizaría como tiña previsto

O Mobile mantense do 24 ao 27 de febreiro

A pesar da cancelación de varias empresas polo coronavirus.

​A paciente sospeitosa de coronavirus en Valladolid non ten a enfermidade e recibirá o alta

Desde a Junta de Castilla y León emitiron unha mensaxe onde descartan que a paciente atendida teña a 'gripe de Wuhan'. A muller, que acaba de regresar de China, fora ingresada onte no Hospital Río Hortega de Valladolid con síntomas que podían indicar que padecía a enfermidade.

Posible caso de coronavirus en Valladolid dunha muller, que parecía ebria (Vídeo)

A Policía Nacional localizou á paciente na súa casa despois de que esta marchásese nun taxi tras ser atendida por un equipo sanitario ante as portas dun pub en Valladolid. 

A Xunta recomenda a atendida por coranovirus en Vigo illamento en casa a espera doutra proba
O xerente da área Sanitaria de Vigo, Julio García, detallou que a persoa atendida nesta cidade por un posible caso sospeitoso de coronavirus que finalmente arroxou un resultado negativo deberá permanecer en "illamento domiliciario".
Un posible caso coronavirus en Vigo dá negativo nas análises
Unha veciña de Chapela, do municipio pontevedrés de Redondela, que estivo recentemente en China, foi sometida a diversas probas ante un posible caso sospeitoso de coronavirus, pero finalmente deu negativo.
Segundo caso de coronavirus confirmado en España

No Hospital de Son Espases segundo confirmou o Centro Nacional de Microbiología, atópase o segundo afectado que deu positivo en coronavirus en España. 

Galicia está "preparada" para a chegada do coronavirus, afirman profesionais sanitarios

Os profesionais sanitarios ven a Galicia "preparada" para un posible caso de coronavirus na Comunidade e trasladan á poboación unha mensaxe de tranquilidade a este respecto. Mentres, a Consellería de Sanidade lembra que "se manteñen activos todos os protocolos que definen as actuacións ante un posible caso".


O Coronavirus en Europa sobe a 31 casos con novos enfermos en Reino Unido, Alemaña e Italia

O número de mortos aumentou a 636 e hai máis de 31.000 casos confirmados. En Europa, o número de casos confirmados chegou a 31 na actualidade, e detectáronse novas infeccións no Reino Unido, Alemaña e Italia.

A mortalidade por gripe este ano en Galicia é maior que a mortalidade por coronavirus declarada en China

Ata a data a Xunta fala de 987 casos diagnosticados e de 26 falecidos, o que un índice de mortalidade do 2,6%. En China, os últimos datos da OMS indican 24.363 casos confirmados de coronavirus e 491 mortos, unha mortaldade do 2%.

O neno chinés sospeitoso de coronovirus en Barcelona dá negativo nas probas


Fai dez días que China decretou a corentena en Wuhan. O período de incubación da enfermade é como máximo de catorce días. En España só hai un caso confirmado, o do turista alemán na Gomera.

O Ministerio de Sanidade convoca ao SERGAS ao Consello Interterritorial de Saúde para tratar o coronavirus
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou este sábado que convocará ás comunidades no Consello Interterritorial de Saúde para tratar as medidas de cooperación e coordinación fronte ao coronavirus.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE