O Mobile mantense do 24 ao 27 de febreiro
A pesar da cancelación de varias empresas polo coronavirus.
A GSMA, asociación que organiza o Mobile World Congress (MWC), mantén a celebración do evento e reiterou nun comunicado este mércores que "están a monitorar de preto" o impacto do brote mundial de coronavirus no salón, previsto do luns 24 ao xoves 27 de febreiro en Barcelona e L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona).
"O novo coronavirus é unha situación que cambia rapidamente e a GSMA está a monitoralo de preto. Isto inclúe reunirse regularmente con expertos de saúde mundiais e españois, así como cos nosos socios, para garantir o benestar dos asistentes", remarcou un portavoz da GSMA no comunicado.
A asociación fixo este comunicado o día en que mantén unha reunión o seu comité, formado por 26 empresas e operadores da industria móbil, entre as que se atopan Telefónica, Orange, Vodafone, Deutsche Telekom, Telenor, Verizon, NTT Docomo, AT&T e Turkcell.
Escribe o teu comentario