Segundo caso de coronavirus confirmado en España
No Hospital de Son Espases segundo confirmou o Centro Nacional de Microbiología, atópase o segundo afectado que deu positivo en coronavirus en España.
Este cidadán británico estivo en contacto do 25 ao 29 de xaneiro pasado en Francia cunha persoa que deu positivo polo virus de Wuhan. Presentou hai unha semana un cadro respiratorio leve con febre que lle durou menos dun día.
Este residente en Marratxí alertou o mesmo da situación ás autoridades sanitarias o pasado venres, a través dun correo electrónico. Deseguido se activaron os protocolos. O home relatou os síntomas que padecera facía uns días, tras estar en contacto co afectado, e detallou no correo que se dirixía a Son Espases polo seu propio pé. Cando chegou xa se activou o protocolo no hospital e non estivo en contacto con outros pacientes. O 061 posteriormente recolleu á súa esposa e as súas dúas fillas de 7 e 10 anos e trasladounas ao centro hospitalario, onde se lles fixeron os exames de rigor. A filla maior tiña febre e deu positivo en gripe B.
O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón, informou esta mañá en rolda de prensa que as autoridades sanitarias de Baleares "están a tratar de identificar a todos os contactos" que tivo o primeiro paciente con coronavirus en Mallorca e que o caso de coronavirus de Mallorca non supón un incremento do risco en España.
Sigue leyendo en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario