Un home de nacionalidade alemá é o primeiro diagnosticado coa ‘Gripe de Wuhan’ en España. As autoridades sanitarias canarias xa tomaron as medidas pertinentes co paciente, que se atopa ingresado e illado nun centro hospitalario insular.
A enfermidade, orixinaria da cidade chinesa de Wuhan, xa causou máis dun centenar de mortes segundo as cifras manexadas polas autoridades do país asiatico, que mantén en corentena a máis de 40 millóns de cidadáns chineses.
As autoridades chaman á calma pois é máis fácil pillar a gripe en Wuhan que o novo virús e, ademais, non hai conexión directa por avión entre España e o epicentro da enfermidade.
O virus, tamén coñecido como ‘virus de Wuhan’ –cidade considerada epicentro da crise sanitaria- xa se cobrou 26 mortos –a maioría pertencían á categoría de ‘pacientes de risco’- e as autoridades chinesas cifran en 881 os casos rexistrados.