Galiciapress logrou poñer certa orde no barullo estatístico produto da guerra soterrada entre Ministerio de Sanidade e Xunta de Galicia.
As cifras do coronavirus levan moito tempo sen cadrar en Galicia. O propio Ministerio de Sanidade fixo públicas as súas denuncias pola non notificación de máis de 120 falecementos causados pola Covid-19. Estes vaivéns tamén tivo o seu efecto nas gráficas do SERGAS, que pasou nun só día de notificar case 7.000 casos de coronavirus a reducir as súas cifras á metade.
Superando o envurullo de cifras, acusacións e rectificacións de Xunta e Ministerio, Galiciapress actualiza o seguimento visual diario da pandemia. As noticias de hoxe non son positivas nin en pacientes ingresados en coidados intensivos nin en contagios detectados.
O martes a Xunta informou que "o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.947". O mércores informa que "o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.526". Como é isto posible? O xerente do SERGAS explica a Galiciapress o motivo do cambio.
En declaracións a Galiciapress, o xerente do SERGAS explica como e por que se producen estes cambios.
Será o Ministerio de Sanidade o que decida cada quince días que territorios poden pasar a unha fase menos dura, adianta Pedro Sánchez. O presidente do Goberno explica que a partir do 4 de maio empeza a fase 0 en toda España, salvo nalgunhas illas que van directamente á fase 1 por ter moi poucos contagios.
Os mortos por coronavirus en Galicia son centos máis que os 540 falecementos que conta o SERGAS. Así se pode deducir a partir do Sistema de Monitoraxe da Mortalidade Diaria (MoMo) do Ministerio de Sanidade.
Por que A Coruña continúa acumulando positivos de coronavirus a un ritmo visiblemente maior do resto de áreas sanitarias? Galicia leva dous jornas consecutivas ofrecendo datos esperanzadores, con apenas 35 novos casos. Con todo, deses novos casos, 15 pertencen ao área herculina.
Algo que non sucedía desde as datas nas que empezou a corentena.Certo é que os 90 de hoxe supoñen un salto respecto aos 60 e 62 de onte, pero o importante é que esta semana Galicia está cuns niveis de contagios notablemente inferiores aos da semana pasada, cando nunca se baixou dos 100.
Os agricultores non profesionais deberán saír de casa cunha declaración responsable, entre outros requisitos publicados hoxe polo DOG
Moncloa recoñece "incumprimentos puntuais" pero insiste que en xeral o cumprimento foi "exemplar". En Ourense sorprenderon a dous proxenitores paseando cun só neno. Esta é a única multa da que se ten constancia en Galicia por agora. Agora ben, Interior advirte que a Policía "reforzará a vixilancia" para evitar aglomeracións como as vividas en Santiago.
As escenas que se reproduciron onte, primeiro día de desconfinamiento controlado, nalgúns puntos de España preocupa moito en Moncloa, sobre todo agora que España está tan preto de cumprir os obxectivos que propiciarían a desescalada. O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias censurou “algúns comportamentos dalgúns grupos”.
Por que A Coruña continúa acumulando positivos de coronavirus a un ritmo visiblemente maior do resto de áreas sanitarias? Galicia leva dous jornas consecutivas ofrecendo datos esperanzadores, con apenas 35 novos casos. Con todo, deses novos casos, 15 pertencen ao área herculina.
Normalidade e respecto ás normas de seguridade é o que se puido ver na maioría das cidades galegas, aínda que algunhas excepcións emborronaron o primeiro día no que os menores podían pisar a rúa desde o inicio do estado de alarma.
Segundo día consecutivo con menos de 100 novos casos de coronavirus en Galicia. Aínda que a cifra de hoxe é lixeiramente superior á de onte, a noticia é francamente positiva.
A Consellería de Sanidade cifra en máis de 500 os decesos. O Ministerio de Sanidade, menos de 400. Por que? Ou Moncloa segue escondendo os 125 falecidos en residencias de Galicia ou a Xunta, que non empezou a sumar todos os falecidos ata un mes despois do inicio da crise, segue sen enviarllos. Do que non hai dúbida é que o impacto da epidemia na autonomía segue minusvalorándose no cómputo oficial do Estado.