Datos do SERGAS: O descenso na área de Santiago achega a desescalada un pouco máis; lixeiros repuntes en Vigo e Lugo
Por que A Coruña continúa acumulando positivos de coronavirus a un ritmo visiblemente maior do resto de áreas sanitarias? Galicia leva dous jornas consecutivas ofrecendo datos esperanzadores, con apenas 35 novos casos. Con todo, deses novos casos, 15 pertencen ao área herculina.
Galicia empeora as súas cifras dos últimos dous días, onde roldou a trintena de casos. Este martes rexistra 56 novos casos, con Vigo á cabeza con 17 deses novos positivos. No lado oposto atópase Santiago, que tras dous días de ascenso moderado hoxe ofrece un dato negativo de menos seis casos.
Os saltos entre áreas é unha das preguntas que quizais poida responder o test masivo de anticorpos que está a realizar a Xunta. O resultado desta cuestión terá repercusións para o desconfinamiento. Pedro Sánchez insistiu na súa comparecencia que a desescalada será desigual en función da virulencia da epidemia en cada zona. Mentres, Feijóo suxeriu que en Galicia a desescalada chegará por áreas sanitarias.
Aínda que hoxe as miradas están en Vigo, cabe pararse un momento na Coruña, as áreas máis golpeada polo repunte da semana pasada, unha crsis que disparou substancialmente a súa gráfica, cun tope de 68 positivos nun mesmo día. Na área herculina este martes só hai que suma oito novos casos, a cifra máis baixa desde o 10 de abril.
A Coruña é, de todas as áreas, a que máis positivos rexistra, un liderado que só lle arrebatou brevemente Vigo cando explotaron os contagios masivos en residencias como Domusvi Cangas e Domusvi Barreiro.
Pero en Vigo, aínda que a cifra non é especialmente preocupante, a gráfica segue con altibaixos. Os 17 casos de hoxe son nove máis con respecto ao luns, aínda que moi lonxe dos 42 do sábado. Como Vigo, Lugo tamén deu un pequeno salto no seu número de casos, xa que despois de dous días seguidos sen cambios, nas últimas 24 horas confirmáronse trece novos positivos.
Tamén ven alteradas as súas cifras Ourense, Pontevedra e Ferrol. A área auriense suma unha decena de novos casos, mentres que tanto a pontevedresa como a área da cidade departamental engaden ao seu estatística sete novos positivos. A situación, nestes momentos, non preocupa especialmente en ningunha das tres zonas. De feito, Pontevedra e Ferrol poderían ser das primeiras en aplicar medidas de desconfinamiento polo seu baixo número de casos.
A que tamén encara esa liña descendente é a área de Santiago de Compostela. Nesta xornada é a única que arroxa cifras negativas, cunha baixada de seis casos. De feito, no últimos seis días, a área da capital baixou en total unha vintena de casos, o que a achegan á desescalada de seguir con esta tendencia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización deste martes 28 de abril, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.947. Por áreas sanitarias, 1.667 casos pertencen a o área da Coruña, 675 á de Lugo, 1.325 á de Ourense, 576 da de Pontevedra, 1.236 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago e 407 da de Ferrol.
Escribe o teu comentario