A maior melloría nas UCIs do SERGAS desde o inicio do coronavirus, reflicten os bos datos de hoxe

Algo que non sucedía desde as datas nas que empezou a corentena.Certo é que os 90 de hoxe supoñen un salto respecto  aos 60 e 62 de onte, pero o importante é que esta semana Galicia está cuns niveis de contagios notablemente inferiores aos da semana pasada, cando nunca se baixou dos 100.


|

O número de casos confirmados sobe hoxe, pero mantense significativamente por baixo da semana pasada. As UCIs experimentan un alivio de 10 prazas, a maior baixada desde o principio da crise en Galicia.


Terceiro día consecutivo que o número de novos positivos en Galicia non supera os 100. Algo que non sucedía desde os inicios da corentena.


Certo é que os 90 de hoxe supoñen un salto considerable respecto a os 60 e 62 de onte; pero o importante é que esta semana Galicia está cuns niveis de contagios notablemente inferiores aos da semana pasada, cando nunca se baixou dos 100.


Mesmo na Coruña, a área sanitaria con máis problemas, o incremento de hoxe é moi moderado, só seis casos máis. 



As UCIS SEGUEN GAÑANDO ESPAZO LIBRE


Nas unidades de coidados intensivos galegas hai 73 pacientes ingresados. É a menor cifra dede o 25 de marzo.


O alivio de dez prazas UCIs nunha soa xornada é o maior no que levamos de epidemia. Poida que sexa produto, polo menos en parte, do falecemento dalgúns enfermos. Con todo, non deixa de ser un indicador fiable de canto remitiu o COVID-19.


Hai que lembrar que Galicia chegou a declarar 178 pacientes en UCI con coronavirus. Aquel 3 de abril os convalecentes representaban case o 65% das 274 dispoñibles, hoxe só representan o 32%.


Iz1Dg pacientes de coronavirus ingresados en ucis de galicia (6)




En Galicia o Ministerio de Sanidade confirma que houbo ata hoxe 9.328 contaxiados. O ritmo de aumento é notablemente inferior, polo que parece que a volta ao traballo de actividades non ensenciales non está por agora provocando un rebrote da pandemia.





O informe de hoxe do Ministerio só reflicte sete mortos. Cifra enganosa porque non computa os decesos en residencias, que supoñen sobre o 25% do total. 


En todo caso, como é un defecto que se arrastra desde o principio, a gráfica permítenos ver que o número de óbitos en hospitais galegos segue estable nun rango de entre 6 e 11 ao día.




1.308 é o número de contagios confirmados hoxe en España mediante PCR. Unha cifra inferior á do 14 de marzo, cando empezou o estado de alarma. 


Se a gráfica segue baixando tantos chanzos como na última semana, crecerá aínda máis a presión sobre o Goberno para que relaxe antes o confinamento.





Cantos falecidos haberá finalmente en España nesta primeira onda do coronavirus? Probablemente unha cifra moi similar á de Italia, onde xa se rozan os 27.ou00 decesos, pois as súas gráficas son moi similares.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE