​Familiares e usuarios de residencias sinalan a Feijóo: “Cando non oculta as cifras do coronavirus invéntaas”

As cifras do coronavirus levan moito tempo sen cadrar en Galicia. O propio Ministerio de Sanidade fixo públicas as súas denuncias pola non notificación de máis de 120 falecementos causados pola Covid-19. Estes vaivéns tamén tivo o seu efecto nas gráficas do SERGAS, que pasou nun só día de notificar case 7.000 casos de coronavirus a reducir as súas cifras á metade. 


|

As cifras do coronavirus levan moito tempo sen cadrar en Galicia. O propio Ministerio de Sanidade fixo públicas as súas denuncias por a non informar de máis de 120 falecementos causados pola Covid-19. Estes vaivéns tamén tivo o seu efecto nas gráficas do SERGAS, que pasou nun só día de notificar case 7.000 casos activos de coronavirus na comunidade para reducir o número de positivos á metade.


Con este baile de números, vinculados estreitamente coas mortes en residencias que non figuraban nos datos oficiais de Moncloa e que Galiciapress leva semanas denunciando, a Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Residencias (REDE) saíu ao paso cunhas declaracións para este medio nas que cargou con dureza contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.


Desinfección nunha residencia de maiores por parte da Brilat

Traballos de desinfección nunha das residencias do coronavirus


O presidente de REDE, Paulino Campos, mostrou o seu enfado polo descuadre nas contas oficiais. “O presidente (Alberto Núñez Feijóo) está enfermo, padece un Trastorno Obsesivo Compulsivo cos números do coronavirus en Galicia”, ironiza Campos. Nesa liña, acusa a Feijóo de falsear as contas e xogar “directamente, dun modo basto, coa dor das vítimas”.


Cando non oculta as cifras invéntaas”, lamentan desde REDE. “Mes e medio despois da prohibición do acceso das familias ás residencias seguimos sen saber o número veraz de mortos en cada unha das residencias afectadas pola Covid-19”, agrega Campos.


Desde a Federación cren que é responsabilidade de Feijóo o salto nunhas contas oficiais “que teñen dereito a coñecer os cidadáns, por transparencia e calidade á democracia”. Uns saltos que ben poderían deberse ao toque de atención do Goberno Central ou á procura da Xunta de cadrar as cifras para poder cinguirse aos parámetros marcados nas fases da desescalada anunciados onte por Pedro Sánchez.


“Está a facer unhas trampas que non teñen nin pés nin cabeza, e que lle van a pasar factura. Nós, as vítimas, os afectados, os familiares das vítimas, non llo perdoamos”, sentenza Campos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE