Primeiro día sen mortos por coronavirus en Galicia, nin en hospitais nin en residencias

Por primeira vez desde os primeiros días tras a declaración da alerta sanitaria, os hospitais galegos non comunicaron este mércores á Consellería de Sanidade ningunha nova vítima mortal con COVID-19 na comunidade, co que a cifra oficial de falecidos mantense nos 547 rexistrados ás 21,30 horas do martes.

|

Aínda que hai que tomar a noticia con moita cautela, visto o barullo de cifras de onte, a ausencia de falecementos confirma que a pandemia está a remitir



Por primeira vez desde os primeiros días tras a declaración da alerta sanitaria, os hospitais galegos non comunicaron este mércores á Consellería de Sanidade ningunha nova vítima mortal con COVID-19 na comunidade, co que a cifra oficial de falecidos mantense nos 547 rexistrados ás 21,30 horas do martes.






O mesmo ocorre coas vítimas mortais en residencias de maiores, que se informan unha vez ao día. Na comunicación deste mércores non se informou de novos falecementos.

Este sería, así, o primeiro día no que os hospitais galegos non comunican novos mortos desde que se iniciase a emerxencia sanitaria pola pandemia de coronavirus, a mediados do mes de marzo.

A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse en Galicia o pasado 14 de marzo, cando faleceu unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.

Neses días, os primeiros da alerta sanitaria en Galicia, nos que a comunidade contaba con menos de 300 casos activos, producíronse dúas xornadas nas que non se rexistrou ningunha morte hospitalaria, o 15 de marzo e o 17 de marzo.

A partir do 18, cando as vítimas mortais en Galicia eran xa catro, os hospitais da comunidade comunicaron falecementos todos os días. Este martes, en concreto, foron sete en hospitais e dous mortos con COVID-19 en residencias de anciáns.


Dous dos oito usuarios da residencia DomusVi San Lázaro que se recuperaron de coronavirus, Jesús García (esq) e Victoriano Gasamans (drcha)

Dous dos usuarios de DomusVi de Santiago, a residencia con máis falecidos de Galicia, que superaron o coronavirus




O 23% FALECEU NUNHA RESIDENCIA

Por iso, segundo os últimos datos oficiais, son 419 as persoas diagnosticadas con COVID-19 que morreron en atención hospitalaria en Galicia. En concreto, son 114 na área sanitaria da Coruña, 87 na área de Vigo, 84 na de Ourense, 70 na de Santiago, 24 na área de Ferrol, 25 na de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra. A estes hai que sumar outros 128 falecidos en residencias de anciáns durante este período, co que a cifra total alcanza os 547.


Numero de falecidos por





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE