Gráfica coronavirus Galicia: segundo día con datos bastante bos en novos contagios e espazo en UCIs
Segundo día consecutivo con menos de 100 novos casos de coronavirus en Galicia. Aínda que a cifra de hoxe é lixeiramente superior á de onte, a noticia é francamente positiva.
Segundo día consecutivo con menos de 100 novos casos de coronavirus en Galicia. Aínda que a cifra de hoxe é lixeiramente superior á de onte, a noticia é francamente positiva.
Son só 62 casos e onte foron 60. Tras unha semana preocupante, na que a velocidade da epidemia acelerou visiblemente ata os 184 positivos nunha sóla xornada, parece que Galicia está a baixar outro chanzo.
Coma se fose un deses xigantes alpinos que conquistan os sufridos ciclistas, o gráfico de volume acumulado de casos parece que nunca se tranquiliza de todo. Agora ben, as ramplas son cada vez menos inclinadas, polo menos estes dous últimos días. Oxalá isto indique a proximidade do sprint final.
A gráfica de variación relativa de casos dos coronavirus en Galicia mostra mellor ata que punto é brusco a freada destes dous últimos días.
Os datos de decesos publicados por o Ministerio seguen sen contar aos falecidos en residencias galegas. Por tanto, en Galicia non levamos os 405 falecidos dos que fala Moncloa, son polo menos 125 máis.
A consecuencia é que a gráfica de falecidos en Galicai só reflicte os decesos en hospitais. Onte contáronse 11, o maior número na última semana.
As UCIS GALEGAS VAN BEN, PERO NECESITAN MÁIS ESPAZO LIBRE
Asegurado o descenso dos contagios, polo menos a curto prazo; o debate agora céntrase agora en decidir cando e como relaxar a corentena.
Un dos criterios fixados polo Goberno de España fixados en base ás recomendacións da OMS é que haxa suficiente espazo nas unidades de coidados intensivos. En concreto, que haxa o dobre de capacidade do que había antes da crise.
Segundo indicaron fontes do SERGAS a Galiciapress, antes da crise había unhas 160 camas UCI en Galicia. Ante o tsunami do COVID-19, a Xunta aumentounas nun 71%, ata as 274 actuais.
Desas 274 prazas, hai 83 ocupadas por enfermos de COVID-19.
Son só 2 camas UCIs ocupadas menos que onte, pero o importante é que se recupera a tendencia de alivio, que sorprendentemente se interrompeu este sábado tras case tres semanas.
En definitiva, Galicia aínda non ten tanto espazo libres en UCI como esixen as directivas do Ministerio para iniciar o desconfinamiento. De feito, aínda hai máis pacientes de COVID-19 que prazas engadiu a Xunta para navegar a crise. Con todo, a tendencia avanza en bo rumbo, lentamente, pero en bo rumbo.
DATOS A NIVEL ESTATAL
O descenso do número diario de mortos está a facerse eterno. Os 331 de hoxe, a pesar de ser máis que os do domingo, dan esperanzas de que podamos estar a baixar outro chanzo.
Máis optimismo transmite hoxe a gráfica de novos contagios en España. Contando só os positivos por PCR, é o segundo día seguido que o Estado rexistra menos de 2.000 casos.
España non rexistrou tan poucos contagios vía PCR dous días seguidos desde o 14 de marzo, o día que empezou o estado de alarma.
A estes case 210.000 positivos habería que engadirlle os positivos detectados mediante o novos test de anticorpos. Aínda sumando estes, a tendencia global de contaxio segue baixando.
COMPARATIVA ENTRE ESTADOS
A gráfica de mortes nos principais estados europeos, indica que a pandemia empezou matando máis en España, pero que foi capaz de controlala algo mellor que outros países do mesmo continente.
Escribe o teu comentario