Un empresario vinculado ao ventrílocuo José Luís Moreno e o produtor de Españois polo Mundo son outros nomes próximos á oferta máis cuantiosa presentada na poxa xudicial por Editorial Compostela.
O deputado do PSdeG Abel Losada denunciou onte o "escurantismo" do IGAPE. O ente de la Xunta penca de "falta de transparencia" a pesar de ser a administración que máis axudas e avais concede ás empresas galegas de certo tamaño. Algunhas destas sociedades, como Blusens, Pórtico ou Alfageme non devolveron o que lles correspondía a tempo, segundo revela un informe do Consello de Contas.
Unha denuncia sobre os dereitos do fútbol español precipitou a detención de José Ramón García. Aínda que a operación está protexida por segredo de sumario, fontes próximas á empresa confirmaron a Galiciapress que foi a presunta violación da propiedade intelectual da liga o motivo das detencións e rexistros nas casas particulares de García e dúas dos seus socios en Blusens.
Blusens tomou por asalto a cima mediática, social e económica de Galicia. José Ramón García chegou a patrocinar un equipo de ACB, outro no mundial de motos e ser o referente para aqueles que empezaban a falar de empredimiento. Mesmo convenceu a Manuel Jove para que invertiese na súa marca. Hoxe está en liberdade provisional con cargos e con gran parte do grupo en concurso de acredores.