​Blusens caeu por violar presuntamente os dereitos do fútbol

Unha denuncia sobre os dereitos do fútbol español precipitou a detención de José Ramón García. Aínda que a operación está protexida por segredo de sumario, fontes próximas á empresa confirmaron a Galiciapress que foi a presunta violación da propiedade intelectual da liga o motivo das detencións e rexistros nas casas particulares de García e dúas dos seus socios en Blusens.


|

Unha denuncia sobre os dereitos do fútbol español precipitou a detención de José Ramón García. Aínda que a operación está protexida por segredo de sumario, fontes próximas á empresa confirmaron a Galiciapress que foi a presunta violación da propiedade intelectual da liga o motivo das detencións e rexistros nas casas particulares de García e dous dos seus socios en Blusens.



José Ramón García, fundador de Blusens


Galiciapress preguntou a LaLiga se interpuxera algunha denuncia. O ente respondeu inmediatamente que non ía facer ningunha declaración sobre o asunto.


O fútbol era precisamente un dos grandes atractivos do WebTV de Blusens. A través dos foros oficiais e outros non relacionados co aparello podíanse descargar actualizacións de aplicacións que permitían o acceso gratuíto a deportes, películas, etc. As pescudas centraríanse, por tanto, en averiguar se era a propia empresa galega quen estaba detrás das actualizacións que permitían a suposta piratería.


Que co WebTV de Blusens podíanse acceder a contidos de pago de forma irregular era un segredo a voces. Así describe a operativa un dos moitos blogues que se fixeron eco do asunto: “cargue a aplicación recomendado no foro TELEPREMIUM WEB TV, e descubrín que ademais do futbol, grazas a esta aplicación podía acceder á programación en directo de Canal plus, canles autonómicas, canles europeas e suramericanos, aínda asi eu quería probar o futbol. Escollido a temática de deportes España, puiden escoller entre Gol TV Canal + Liga, e vin que tamén estaban Canal + Champion League”.



WebTV de Blusens


García está en liberdade provisional. O WebTV deixou de funcionar e moitas tendas retirárono dos seus lineais. 

relacionada Auxe e caída de Blusens, cuxo creador está en liberdade con cargos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE