Auxe e caída de Blusens, cuxo creador está en liberdade con cargos
Blusens tomou por asalto a cima mediática, social e económica de Galicia. José Ramón García chegou a patrocinar un equipo de ACB, outro no mundial de motos e ser o referente para aqueles que empezaban a falar de empredimiento. Mesmo convenceu a Manuel Jove para que invertiese na súa marca. Hoxe está en liberdade provisional con cargos e con gran parte do grupo en concurso de acredores.
Blusens tomou por asalto a cima mediática, social e económica de Galicia. José Ramón García chegou a patrocinar un equipo de ACB, outro no mundial de motos e ser o referente para aqueles que empezaban a falar de empredemento. Mesmo convenceu a Manuel Jove para que invertiese na súa marca. Hoxe está en liberdade provisional con cargos e con gran parte do grupo en concurso de acredores.
O fundador da empresa galega de electrónica Blusens, José Ramón García, quedou en liberdade provisional, tras ser detido en relación a un suposto delito contra a propiedade intelectual e organización criminal.
Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuíz que instrúe a causa decidiu que queda en liberdade provisional, con comparecencias periódicas. Ademais, ordenou a retirada do seu pasaporte.
José Ramón García fora detido por axentes da Policía Nacional no marco de unha causa, declarada secreta, que leva o xulgado de instrución número tres de Santiago, cuxo titular é o xuíz Andrés Lago Louro. Nesta causa foron citados a declarar a tres persoas, incluído o propio García.
Precisamente, desde o martes deixaron de funcionar os receptores Webtv de Blusens, que permitían a posibilidade de descargar aplicacións coas que poder conectarse a ligazóns piratas de webs con películas, series e deportes, entre outros contidos.
AUXE E CAÍDA DUNHA MARCA
No pasado outras causas afectaron a Blusens. Así, en 2012 o xulgado do mercantil número 1 da Coruña condenou á empresa para cesar na elaboración e distribución do seu catálogo por entender que infrinxía os dereitos de propiedade intelectual de Televés.
Tras a quebra de Blusens, José Ramón García está á fronte, desde 2014, da compañía Visualiza Business, que conta con investimentos en diferentes sectores.
Escribe o teu comentario