A corporación empresarial do galego Manuel Jove, fíxose co 100% de Avantespacia, a inmobiliaria que constituíu a finais de 2016 xunto a BBVA, ao comprar a participación do 30% que o banco tiña na firma, segundo informou a empresa.
Blusens tomou por asalto a cima mediática, social e económica de Galicia. José Ramón García chegou a patrocinar un equipo de ACB, outro no mundial de motos e ser o referente para aqueles que empezaban a falar de empredimiento. Mesmo convenceu a Manuel Jove para que invertiese na súa marca. Hoxe está en liberdade provisional con cargos e con gran parte do grupo en concurso de acredores.
Quen dese o maior pelotazo do boom do ladrillo, o coruñés Manuel Jove, está a se mover cada vez con máis forza no sector. O ex-directivo de FADESA acaba de inscribir no Rexistro unha empresa, Inmobiliaria Frieira 360 SL, para organizar os seus investimentos na construción, á marxe dos investimentos que xa comparte co BBVA.