​Manuel Jove volve apostar pola construción

Quen dese o maior pelotazo do boom do ladrillo, o coruñés Manuel Jove, está a se mover cada vez con máis forza no sector. O ex-directivo de FADESA acaba de inscribir no Rexistro unha empresa, Inmobiliaria Frieira 360 SL, para organizar os seus investimentos na construción, á marxe dos investimentos que xa comparte co BBVA.


|

Quen dese o maior pelotazo do boom do ladrillo, o coruñés Manuel Jove, está a moverse cada vez con máis forza no sector. O ex-directivo de FADESA acaba de inscribir no Rexistro unha empresa, Inmobiliaria Frieira 360 SL, para organizar os seus investimentos na construción, á marxe dos investimentos que xa comparte co BBVA.


Jove constituíu a nova empresa, coa mesma sede herculina que a súa holding Inveravante, a finais de xaneiro co capital legal mínimo, 3.000 euros. E é que Frieira en realidade é un colector legal co que organizar o seu retorno a un sector que, no fondo, nunca chegou a abandonar.



Manuel jove tvg


De feito, o administrador único é outra sociedade, Espacia Avante SL, que á súa vez é vehículo de moitas dos seus investimentos inmobiliarios no estranxeiro, por exemplo os seus importantes complexos hostaleiros en Marrocos. A súa filla, María Felipa Jove é unha das apoderadas da nova compañía.


A pesar de vender FADESA, o segundo home máis rico de Galicia quedou no seu día con numerosos terreos na súa carteira particular. Terreos que agora, coa construción crecendo a un ritmo consolidado, poida que chegase o momento de activar.


A aposta pola construción prodúcese ao mesmo tempo que Jove sae das renovables, coa venda de varios parques eólicos a Endesa. Por agora Inveravante non anunciou novos proxectos concretos no ladrillo en España, pero si fortes investimentos en Romanía e México.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE