"Escurantismo" nos avais do IGAPE, cunha ducia de empresas morosas
O deputado do PSdeG Abel Losada denunciou onte o "escurantismo" do IGAPE. O ente de la Xunta penca de "falta de transparencia" a pesar de ser a administración que máis axudas e avais concede ás empresas galegas de certo tamaño. Algunhas destas sociedades, como Blusens, Pórtico ou Alfageme non devolveron o que lles correspondía a tempo, segundo revela un informe do Consello de Contas.
O deputado do PSdeG Abel Losada denunciou onte o "escurantismo" do IGAPE. O ente de la Xunta peca de "falta de transparencia" a pesar de ser a administración que máis axudas e avais concede ás empresas galegas de certo tamaño. Algunhas destas sociedades, como Blusens, Pórtico ou Alfageme non devolveron o que lles correspondía a tempo, segundo revela un informe do Consello de Contas.
Recente aniversario de 25 anos do IGAPE
O certo é que lvos últimos avais que o IGAPE publicou no Diario Oficial de Galicia son de finais do ano 2017. Corresponden a Hidrofersa Fábrica de Chavín e Iris Sociedade Cooperativa Galega de Traballo Asociado, concedidos o último día do ano anterior e publicados no DOG na primavera.
Desde entón, nada. Tampoco a web do IGAPE informa de que avais concedeu o Goberno Galego no que vai de ano. Outro exemplo máis desta falta de transparencia é que Galiciapress contactou hai unha semana coa Consellería de Economía para preguntar polos avais concedidos a unha empresa. Despois de varias peticións, o Goberno Galego aínda non contestou.
Sucede isto cando un documento do Consello de Contas revelou que numerosos dos empresarios avalados con diñeiro público non atenderon ás súas obrigacións. En concreto, a Fiscalización do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), en particular das axudas en forma de aval 2011-2013 desvelou que 14 empresas non pagaron as anualidades da comisións que carga o IGAPE -menores que as do mercado- para financierles préstamos.
Segundo ese documento, publicado a comezos de 2017, os morosos ao IGAPE eran, cando os contables públicos revisaron a documentación, o seguintes: Ferlosa, Bernando Alfageme, Xéneros de Punto Iván, Pórtico, Blusens, Paquito, Montaxes J.M. Glesias, Agrupación de Cooperativas Lácteas, Bera 200, ICON Europe, Editorial Compostela e Inverbobe, que non pagaran algunhas das anualidades que lle correspondían.
Losada puxo onte exemplos máis recentes da "pouca transparencia de la Xunta". Segundo a súa versión, o Goberno tentou "facer opacas" as axudas do chamado "Plan Juncker" a Galicia, "mediante a votación en contra dos deputados do PP, aínda que isto resultase inútil ao ser publicado pola UE en pouco tempo". Efectivamente, na web da UE detallan algúns préstamos, como o concedido a Greenalia para o seu proxecto de biomasa.
Escribe o teu comentario