Galicia experimentou un aumento no prezo do aluguer sen precedentes nos últimos anos e algunhas grandes cidades superaron o máximo histórico no referido ao prezo de aluguer por metro cadrado. Galiciapress contactou con Fernando Encinar, xefe de estudos do portal Idealista, debulla os motivos desta escalada de prezos no que el considera “un proceso alcista” desde hai dous anos.
A medida, propulsada por En Marea e apoiada por toda a oposición, tiña como fin instar o Goberno de España a poñer un límite ao prezo dos alugueres. Con todo, o Partido Popular, con maioría absoluta na cámara autonómica, tombou a proposta votando en contra da medida na sesión plenaria.
O decreto de medidas urxentes en materia de aluguer, que limita as subidas anuais dos prezos ao incremento do IPC para todos os contratos novos durante a duración do contrato asinado, entrará en vigor mañá tras a súa publicación este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Segundo recóllese no borrador do Real Decreto de medidas urxentes en materia de vivenda e aluguer.
Unha familia case sen ingresos e con dúas nenas menores está a piques de ser desaloxada do seu fogar. Os xulgados de Ferrol acollen unha nova vista sobre o caso mañá. A Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca convoca unha concentración de apoio, ao mediodía fronte a sede xudicial.
O prezo medio dunha habitación nun piso de aluguer para estudantes queda por baixo de 190 euros ao mes.
O executivo galego está a elaborar a primeira lei galega de rehabilitación, para a rexeneración e dinamización do territorio.