Mobilización contra o desaloxo dunha familia con dúas nenas de 9 e 7 anos

Unha familia case sen ingresos e con dúas nenas menores está a piques de ser desaloxada do seu fogar. Os xulgados de Ferrol acollen unha nova vista sobre o caso mañá. A Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca convoca unha concentración de apoio, ao mediodía fronte a sede xudicial.


|

Unha familia case sen ingresos e con dúas nenas menores está a piques de ser desaloxada do seu fogar. Os xulgados de Ferrol acollen unha nova  vista sobre o caso mañá. A Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca convoca unha concentración de apoio, ao mediodía fronte a sede xudicial.



Plataforma desaucios hipotecas casas ferrol desafiuzamentos

Unha pasada protesta da Rede


colectivo explica que se trata dunha muller divorciada con dúas fillas de 9 e 7 anos. Os seus ingresos limítanse a 130 euros ao mes dunha axuda de manutención por parte do seu ex-parella. A nai, en paro, perdeu a RISGA (543 euros), coa que pagaba o aluguer, por "un suposto incumprimento da súa obrigación de integración social", segundo a plataforma por non completar, a pesar de tentalo, a renovación da axuda por Internet. A Rede entende que é a Xunta quen "provoca un novo desaloxo en Ferrol".


O lanzamento da familia xa ten data, o 27 de decembro. A Rede reclama ao concello e á Xunta que lles busque unha alternativa -a afectada xa iniciou o trámite para un bono de aluguer social- e, mentres tanto, que a xustiza deteña o desaloxo. 


O PROBLEMA DA VIVENDA CONTINÚA

Segundo datos de Amnistía Internacional, máis de 26.000 familias foron desaloxadas das súas vivendas en España por non pagar o aluguer o ano pasado e case 17.000 por non pagar a hipoteca. Só en Ferrol, hai unhas 600 familias á espera dunha vivenda social.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE