O Goberno Galego non se reunirá co comité de folga -como pretendían os sindicatos que aínda non dan por pechado definitivamente o paro desconvado- pero levará a última oferta a unha mesa na que quere sentar con todas as centrais.
O vicepresidente da Xunta asegura que antes da fracasada reunión do mércores xa había un acordo coa maioría de sindicatos. Unidas, as centrais acusan a Rueda de mentir, piden a súa dimisión e din que o acordo estivo a 12 euros de distancia. Ao retirar as dúas partes as súas últimas ofertas da mesa, non se atisba final para un conflito que suma máis de dous meses de paro.
Vicepresidencia e sindicatos tratarán de chegar a un acordo este mércores. Na véspera da primeira reunión en varias semanas, os funcionarios queiman as súas nóminas para denunciar as "coaccións" que afirman recibir da Xunta. Mentres, a oposición tenta sacar réditos e denuncia a "pésima" xestión do conflito.
A Xunta lanza mensaxes de que está disposta a ceder algo para contentar aos folguistas da Xustiza. Faino na véspera dunha manifestación este sábado en Santiago, na que os traballadores pretenden mostrar unidade tras dous meses sen traballar e, por tanto, sen cobrar.
Rueda asegura que se vai a "falar de todo" e non serán "inamovibles", pero reitera que unha alza de "case 3.000 euros ano" non é asumible".
Se o vicepresidente senta a negociar e presenta unha oferta "seria e xusta", a folga pode acabar. Este é a mensaxe dos folguistas da Xustiza á Xunta. O que non están dispostos a facer é desconvocar a folga para poder negociar cara a cara co "escapado" Alfonso Rueda.
Ao vicepresidente "O máis grande de Galiza está ate a cona", a campaña do BNG, non lle parece ben. Rueda responde que o Día da Muller é unha celebración para unir e non dividir. Son declaracións na presentación do cartel institucional para o #8M.
Os sindicatos de Xustiza, ante a oferta da Xunta: "Bastaría un céntimo de cada 100 euros de orzamento"
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, eterno golfiño de Alberto Nuñez Feijóo, déixase querer para unha posible sucesión. Nunha entrevista, o número 2 do PP galego asegura que o non está na carreira sucesoria, pero tampouco se descarta. O paro xudicial e a mobilización feminista do 8 M son outros dos temas desta conversación.
Dacordo aos sindicatos, a participación dos traballadores na folga sitúase en torno ao 90 por cento
"Por moito que pasen os días, non vai variar", anuncia o vicepresidente, que defende que a folga "non é ningún pulso".
"Aumentáronos de forma totalmente inxustificada", reprochan. A Xunta defende que tivo en conta xurisprudencia anterior.
O vicepresidente confía en que se desconvoque a folga, pero afirma que manterá unha reunión para negociar os servizos mínimos.
A Xunta ofrécelles aos funcionarios máis permisos por maternidade e paternidade, pero non un achegamento nos salarios.
O organismo ourensán asumirá o custo dalgúns servizos básicos ata 2020.
A Xunta, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago sentan as bases para aplicar o novo modelo, con temas pendentes.
Producirase outra xornada de paro, a terceira, o vindeiro xoves 25 de xaneiro
O Goberno deulle o seu visto e prace á autorización ambiental da fábrica de cloro, rexeitada polo Concello de Pontevedra.
Yolanda Díaz proclama que pelexarán "contra quen sexa", mesmo dentro do grupo de Unidos Podemos.