Os galegos de Casado: Rueda, Calvo, Vázquez, Hernández, Muñoz e Dorado

Na rede social Twitter o PPdeG indica que Agustín Hernández, Elena Muñoz e Javier Dorado estarán na Xunta Directiva do PP


|

O Partido Popular de Galicia confirmou que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente do PP na Coruña, Diego Calvo, e a deputada por Ourense, Ana Vázquez Branco, formarán parte do Comité Executivo Nacional, tras a vitoria de Pablo Casado no XIX Congreso Nacional Extraordinario celebrado en Madrid.


PABLO CASADO PRESIDENTE DO PP

Pasadas as dúas e media da tarde, na súa conta da rede social Twitter, o PPdeG, felicitou a Pablo Casado tras a súa elección como presidente nacional da formación, ao impoñerse por 451 votos, o 57,2% do total de sufraxios emitidos, á exvicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.

"Felicidades ao noso novo presidente nacional, @pablocasado_. Conta co teu partido en Galicia para emprender o apaixonante reto que hoxe asumes #CongresoPP", recolle a publicación do PPdeG.

A continuación, o PPdeG  redifunde dous tuits de Pablo Casado: "Ao futuro non se lle espera sentado, salgamos a conquistalo #IlusiónPorElFuturo", e "Non hai que ter medo a ensinar cal é o noso proxecto de mans brancas, petos baleiros, a mente clara e o corazón namorado de España. Viva o Partido Popular e viva España!".

Tras isto, o Partido Popular de Galicia, que lidera o tamén presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recolle os nomes de representantes galegos que se incorporan ao Comité Executivo Nacional e á nova Xunta Directiva.

O Partido Popular de Galicia confirma así, como xa o anunciaba Casado no discurso previo á votación, que o vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; o presidente do PP na Coruña, Diego Calvo --tamén vicepresidente do Parlamento galego--, e a deputada no Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez, formarán parte do Comité Executivo Nacional.

En canto á nova Xunta Directiva do PP, contará coa presenza do vicesecretario do PPdeG e presidente do PP de Santiago, Agustín Hernández; a presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, e o tamén vigués e ex presidente de Novas Xeracións en Galicia, Javier Dorado.

Nas redes sociais sucedéronse as felicitacións dalgúns estes representantes galegos, entre eles, Diego Calvo: "Desde xa, conta comigo e con @acorunapp para seguir recuperando esa ilusión que sempre guiou ao @PPopular #ElFuturoDeEspaña".

Tamén Alfonso Rueda publicou, neste caso en galego, un tuit coa súa felicitación para Casado: "Parabéns. Hoxe empeza unha etapa ilusionante, que percorreremos todos junt@s. Cuneta co @pontevedrapp. E grazas pola túa confianza!". 


Ruedaconsello

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE