Debido á gravidade da vítima, de 34 anos de idade, foi mobilizado o helicóptero medicalizado, pero a muller faleceu no lugar.
O accidente ocorreu na Illa de Tambo, na Ría de Pontevedra | Un tripulante puido alcanzar a costa polos seus propios medios e outro foi recuperado con vida por un barco.
O vehículo agrícola envorcou pasada a unha da tarde e os servizos de emerxencias e sanitarios non puideron salvarlle a vida.
Son un home de 66 anos e unha muller de 55 | Sucedeu á altura de Teixeiro, onde chocaron contra un camión.
O xuíz deu ata o luns ás partes para que o "informen sobre o procedemento a seguir" e as "dilixencias a practicar".
A pesar dos danos materiais non hai que lamentar feridos | O 112 informou a ADIF para comprobar que a estrutura da ponte non resultou danada debido ao impacto.
Un dos fillos chamou a emerxencias explicando que o seu pai quedara atrapado debaixo da maquina.
Ata o lugar desprazouse o helicóptero do 061, pero os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Estaba consciente, pero non podía saír porque o coche quedara nunha posición perigosa. Unha ambulancia levouno ao hospital.
Á primeira hora da mañá saíu da vía co seu coche e terminou envorcando ao chocar co peche dunha vivenda.
Estaba ferido, pero non sabía precisar ao 112 onde se atopaba. Por sorte, puido mandar a súa localización de GPS.
Os feitos ocorreron nunha leira de Cambrelle, na parroquia de Razo.
De madrugada, o seu coche saiu da estrada e encaixouse contra a vivenda, pero puido saír polo seu propio pé.
O sinistro produciuse entre dous vehículos na N-525 á altura da Susana.
Os efectivos de Emerxencias excarceraron e rescataron a muller, que viaxaba como acompañante.
O helicóptero medicalizado con base en Ourense mobilizouse ao lugar, pero o home non puido ser reanimado.
Abandonou o seu propio vehículo envorcado en plena calzada de madrugada. A Policía Local trata de identificar e localizar á muller.
O seu acompañante, un home de 28 anos, resultou ferido grave.
A moza atópase en estado crítico e foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Chocou de fronte contra outro coche, cuxo condutor está grave no hospital compostelán.