Tres feridos nunha colisión múltiple en Caldas de Reis

No accidente estiveron implicados tres vehículos. As vítimas foron atendidas polo 061 e evacuadas a un centro sanitario.


|

Accidentecaldas


Tres persoas resultaron feridas durante a mañá deste xoves en unha colisión na que se viron implicados tres vehículos e que tivo lugar no municipio pontevedrés de Caldas de Reis.


Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o accidente de tráfico tivo lugar pasadas as 11,00 horas na estrada N-550, ao seu paso pola parroquia de Arcos da Condesa.


Ata a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e dos Bombeiros de Vilagarcía. As vítimas foron asistidas por persoal sanitario do 061 e evacuadas a un centro sanitario.

relacionada Morre un motorista tras sufrir un accidente de tráfico en Valga
relacionada Galicia pechou a Semana Santa con dous falecidos en accidentes de tráfico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE