Morre unha persoa nunha saída de vía na Baña
Os efectivos sanitarios trasladaron á vítima aínda con vida ao PAC de Negreira, onde acabou falecendo.
Unha persoa faleceu esta madrugada tras saír da estrada co vehículo no que circulaba ao seu paso do municipio da Baña, na Coruña.
O sinistro produciuse na AC-546, a estrada que conecta Negreira con Muxía, á altura de Seoane, e a vítima saíu despedida do seu vehículo.
O 112 Galicia recibía unha chamada dunha persoa particular ás 3.10 horas desta noite, alertando de que vítima permanecía ferida de gravidade.
O Centro de Atención ás Emerxencias alertou ao 061, Bombeiros do Xallas e a Garda Civil de Tráfico. Os efectivos sanitarios trasladaron á vítima aínda con vida ao PAC de Negreira, onde acabou falecendo.
ATROPELO EN MOS
Doutra banda, unha muller resultou ferida este sábado en Mos ao ser atropelada por un camión, nun aparcadoiro dunha nave do Polígono de Montefontiña.
Segundo a información facilitada ao 112, a vítima foi atropelada cando se dispoñía a acceder á nave, destinada á venda de froitas, para incorporarse ao seu posto de traballo.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia sobre as 6.40 horas desta mañá para explicar o ocorrido e informouse ao 061, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
Escribe o teu comentario