Vandalizan o letreiro arco da vella da entrada de Santiago de Compostela coas cores de España

Un letreiro que sinaliza a entrada na cidade de Santiago polo barrio de San Lázaro foi vandalizado coas cores da bandeira de España para substituír a insignia arcoiris que decoraba a sinalización desde o mes de xuño.


|

En redes sociais moitas persoas manifestáronse a modo de protesta pola connotación simbólica que as cores arco da vella supoñen para o colectivo LGTBIQ+.

 

A sinalización foi colocada no mes de xuño para dar a benvida aos peregrinos procedentes do camiño francés, pero na xornada do luns apareceu pintada coas cores da bandeira de España. 

 

Diseu00f1ou sen o teu00edtulo
Á esquerda, o letreiro de entrada a Santiago con cores arcos da vella / Á dereita, o letreiro vandalizado.

 

Un letreiro que sinaliza a entrada na cidade de Santiago polo barrio de San Lázaro foi vandalizado coas cores da bandeira de España para substituír a insignia arco da vella que decoraba a sinalización desde o mes de xuño.


A sinalización, que dá a benvida á capital galega ás persoas que acceden á cidade no roteiro que realizan os peregrinos por o Camiño Francés, está pintada desde o luns coas cores da bandeira de España.

Tanto este como outros letreiros indicativos de entrada na urbe compostelá estaban decorados desde mediados do mes de xuño cun fondo coas cores da bandeira arco da vella con motivo da celebración do Orgullo LGTBIQ+.

 

Moitos usuarios en twitter mostraron o seu descontento con esta acción de autores descoñecidos polo significado que as cores da bandeira arco da vella supoñen para o colectivo LGTBIQ+. 

 

Algúns usuarios, tamén membros de partidos políticos, destacaron explicitamente que este acto está vinculado con seguidores de grupos extremistas. Así, Xurxo Doval, Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, dicía: 

 

 

Tamén Rubén Cela, membro da Executiva Nacional do BNG, expresou a súa opinión sobre o sucedido: 

 

 

Con todo, este mércores o letreiro de Santiago loce novamente coas cores arco da vella e, aparentemente, non queda rastro da pintada. 




 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE