O PP galego desatende a Ayuso e o seu plan de plantar a Sánchez: "Levamos meses pedindo que reciba a Rueda"

Pazos Couñago sinala que o informe da CE sobre Altri debería "pór fin" aos intentos do BNG por "contar co apoio" de Europa contra o proxecto


|

Aínda que o chamamento desde a Comunidade de Madrid é o de non acudir á rolda de reunións anunciada polo Goberno de España, na Xunta teñen outros plans contrarios aos de Díaz Ayuso.

 

"A intención é que acuda a trasladarlle todas as demandas que estes meses leva acumulado", din os populares, facendo máis evidente a división no PP. 

 

El portavoz parlamentar del PP de Galicia, Alberto Pazos Couñago
Foto: EP


O PP galego desmarcouse da chamada da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, aos mandatarios populares a non acudir á rolda de reunións cos presidentes autonómicos anunciada esta semana polo xefe do Goberno central, Pedro Sánchez.

"Levamos uns cantos meses pedindo que, por fin, o presidente do Goberno reciba a Alfonso Rueda. A intención é que acuda a trasladarlle todas as demandas que estes meses leva acumulado", manifestou este venres en rolda de prensa o portavoz parlamentario do PP galego, Alberto Pazos Couñago.

Nesta liña, preguntouse "cando ten pensado" o presidente Sánchez "levantar o veto" a Rueda "cinco meses despois" da súa toma de posesión, un período no que, como lembrou, si se reuniu co novo lendakari, Imanol Pradales, e co president da Generalitat, Salvador Illa.

Para Pazos Couñago, a falta de convocatoria a un encontro en Moncloa cun presidente autonómico ao comezo da súa lexislatura é "outro desprezo" cara a Galicia por parte de Sánchez, que ten "moitas débedas pendentes" coa comunidade.

Por tanto, subliñou que Rueda "acudirá" ao encontro "si Sánchez ten a ben deixar á beira o seu sectarismo" e convócao para, desta forma, poder "trasladarlle todas as demandas" do Goberno galego.

En todo caso, manifestou as súas discrepancias coa rolda de reunións coas comunidades avanzada por Sánchez porque cre que non é a forma na que debe ser abordado o debate do financiamento autonómico.

Así, reclamou a convocatoria dunha conferencia de presidentes na que articular unha "negociación multilateral" en lugar de reunións "un a un" nas que ve un intento de Sánchez por "dobrarlle o brazo" ao resto de autonomías para "favorecer" a Cataluña.

 

ALTRI

Doutra banda, tamén se referiu ao informe coñecido o pasado xoves no que a Comisión Europea, en resposta ao BNG, aprecia que o proxecto de Altri non incumpre a lexislación vixente en canto á Directiva de Emisións Industriais (DEI) e á Avaliación de Impacto Ambiental (EIA).

Para o portavoz dos populares no Pazo do Hórreo, a postura da CE "debería pór fin aos intentos dos nacionalistas galegos e os seus satélites por contar co apoio europeo na súa loita contra o proxecto de Altri".

"Queda claro que o único obxectivo que buscan os nacionalistas galegos e a súa eurodiputada a tempo parcial en Bruxelas é pór todas as trabas que poidan para que o proxecto de Altri non sexa unha realidade e sirva de impulso económico para Galicia e, especialmente, para o interior da nosa comunidade", aseverou.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE